AUTISMO

Revistas

Recomendacións Lectoras

Páxinas de interese

lunes, 21 de febrero de 2022

CARTEL DE ROSALÍA


ROSALÍA DE CASTRO

 Este é o cartaz cunha pequena escolma de poemas da autora, que elaboramos dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA o próximo 23 de febreiro.




sábado, 19 de febrero de 2022

ROSALÍA DE CASTRO 23 FEBREIRO 

PARA NÓS, FEBREIRO SEMPRE SERÁ O MES DE ROSALÍA...



Padrón (A Coruña), 18 de xaneiro de 2022
Compartir
  • facebook
  • twitter

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este mediodía na xuntanza que a Fundación Rosalía de Castro convocou para mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro. Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día, dando a coñecer ademais datos inéditos sobre a vida da nosa autora máis recoñecida e da do seu home, Manuel Murguía.

Toda esta información quedou recollida na publicación Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858), publicado co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Traslado de celebracións

Con motivo da proximidade do aniversario da poeta galega, o Goberno galego e as entidades culturais e educativas, acordaron adiantar a efeméride, que ata o de agora se celebraba o 24 de febreiro, data do bautismo da autora de Follas Novas.

O secretario xeral de Política Lingüística deu conta do acordo para “celebrar á nosa poeta máis universal o 23 de febreiro, pois unha vez coñecida que esta é a auténtica data do seu nacemento, é un día que os galegos non podemos pasar por alto”, derivado da xuntanza entre representantes de entidades culturais e de distintas administracións que tivo lugar na Casa da Matanza, en Padrón.

Na reunión convocada pola Fundación Rosalía de Castro, ademais de Valentín García en representación do Goberno galego, tamén participaron representantes da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), da Asociación de Gaiteiros, da Deputación da Coruña e dos concellos de Padrón e de Santiago de Compostela.

Así pois, xunto co secretario xeral de Política Lingüística estiveron o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez; o presidente de Nova Escola Galega, Xosé Lastra; o representante da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, Olimpio Xiráldez; así como as responsables das áreas de Cultura e Acción Cultura dos Concellos de Padrón e Santiago de Compostela e Sagrario Abelleira, autora da investigación.





 



jueves, 17 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

 


Este ano seremos mascariñas.

Imos a disfrazarnos con cousas que xa temos ou que nos poidan deixar.

A idea é facer o noso disfraz como o facían antes, reutilizando cousas que atopaban pola casa e sen gastar.

Temos que cumprir os mandatos do noso Meco. 

No seguinte enlace os podedes atopar.

MANDATOS DO MECO

A PASALO BEN!!!


martes, 1 de febrero de 2022

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA INFANTIL NADAL 2021

Algúns dos nos@s alumn@s participaron no Certame de Poesía Infantil Nadal 2021 organizado a nivel provincial pola Biblioteca Municipal de Lugo.
Nel resultaron premiados tres das nosas alumnas:

Blanca Loureiro
Nereida Pereira
Inés Mariño


A entrega de premios tivo lugar o 29 de xaneiro na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro, facendo entrega deles a alcadesa e a concelleira de cultura do noso concello.

A continuación podedes ver a imaxes das nosas premiadas.

Noraboa chicas!!!