lunes, 27 de diciembre de 2021
A VISITA DE PAPA NOEL
O último día de colexio
deste trimestre os nen@s
de 1º e 2º recibiron unha visita moi especial: nada máis e nada
menos que a visita de PAPA NOEL e unha das súas elfas.
Aproveitaron
para falar con el y sobre todo para recordarlle que non se esquecera
dos nosos agasallos.
Moitas
grazas pola visita PAPA NOEL.
PALABRAS POLO NADAL
Este mes de decembro, os
alumnos do CEP Lois Tobío, elaboraron postais de Nadal
e escolleron palabras con encanto para enviar as
distintos lugares do noso municipio: colexios, institutos, concello,
policía, bombeiros, centros de maiores...
As
palabras con encanto que escolleron as deseñaron e imprimiron na
nosa impresora 3D, para que puideran ser colgadas nas árbores
de Nadal destes lugares. Quedaron chulisimas!!!
No
seguinte vídeo podedes ver un resumo desta actividade.
martes, 21 de diciembre de 2021
O Apalpador
Se hai algunha cousa en especial que botásemos de menos era..... A VISITA DO APALPADOR!!!!, por fin puidemos volver a xuntarnos na biblioteca para escoitar un dos seus fermosos contos e disfrutar da súa visita, xunto cos seus amigos/as da residencia de maiores DOMUS VI. Foi unha ledicia poder compartir unha morea de palabras, incluso musicadas.... Grazas por seguir visitándonos e facer da Noiteboa algo ainda máis máxico!!!!
lunes, 20 de diciembre de 2021
lunes, 13 de diciembre de 2021
T - LEMOS : ORELLAS DE BOLBORETA
O venres 10 de decembro, os nen@s de 1º de EP do noso cole prepararon un contacontos moi divertido:
"ORELLAS DE BOLBORETA"
co que agasallaron aos nen@s de 5 anos da EEI San Roque.
Conectámonos por vídeoconferencia as 4 aulas, as dúas de 5 anos e as duas de 1º.
A verdade que pasamos un rato moi divertido!!!
Os neno@s aproveitaron para saudar aos seus compañeir@s do curso pasado, e para falar coas súas mestras ata fai poucos meses.
Debaixo tedes os vídeos do contacontos e a canción que prepararon con moito agarimo o alumnado de 1º.
martes, 30 de noviembre de 2021
25N CONTRA TODO TIPO DE VIOLENCIA
lunes, 22 de noviembre de 2021
SEMANA DA CIENCIA NO CEP LOIS TOBÍO 2021
Esta semana celebramos no noso colexio a:
Esperamos que vos guste a actividade.
Picando na imaxe podedes ver os retos de cada día.
MOITO ÁNIMO E A RESOLVER OS RETOS!!!
sábado, 20 de noviembre de 2021
Novembro, Ciencia e palabras.... ÓSMOSIS
Ósmosis!!!.... Osmo queeeee???? Ósmosis!!!!!
Esta foi a palabra que aprendimos os nenos/as de primeiro e segundo na semana da ciencia..... No seguinte video veredes en qué consistiu o noso experimento. Levamos un rexistro do material que precisábamos, dos pasos a levar a cabo, das hipóteses sobre o que creíamos que ía acontecer e do que finalmente ocurríu.
Con este experimento aprendimos que o sal funcionou como barreira protectora para que auga non entrase no osiño de gominola, impedindo así que aumentase o seu tamaño, xusto o contrario do que pasou nos osiños que estaban con auga sola, que inflaron e estaban máis xelatinosos.... e todo isto para tratar de que haxa a mesma concentración de auga.
lunes, 1 de noviembre de 2021
A maleta mariñeira
viernes, 29 de octubre de 2021
SAMAÍN 2021
lunes, 4 de octubre de 2021
Formación de usuarios 2021/2022
jueves, 30 de septiembre de 2021
PRESENTACIÓN E PROTOCOLO DA BIBLIOTECA
Ola chic@s
A semana que ven ponse de novo en funcionamento a nosa biblioteca, co inicio do préstamo de libros.
Debaixo tedes unha presentación para recordar as normas e protocolo da Biblioteca para este curso.
Vémonos na biblio!!!
martes, 29 de junio de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE BIBLIORETA PARA ESTE VERÁN
Ola chic@s!
Son Biblioreta.
Deséxovos un feliz verán cheo de lecturas divertidas.Aquí tedes a miñas recomendacións para este verán.
O SUPER MAGO KIKO CARROLO
O último día deste curso visitounos o super mago viveirense KIKO CARROLO.
BO CAMIÑO VALENTIÑO!
Os nenos e nenas do cole escenifican o Camiño do Mar ata Compostela a través do conto do pingüín Valentín. Pero antes explícannos as etapas do Camiño do Mar coa axuda de 3 peregrinos ven equipados (Gabriel de 6ºB, Aitana de 2ºB e Ángel futuro alumno de 1º)
A ver si recoñecedes a todos os personaxes do conto!
domingo, 27 de junio de 2021
A NOSA CIDADE
Os alumnos do 1º ciclo levaron a cabo unha unidade didactica de Educación Vial en EF no terceiro trimestre.
Completaron a actividade terminando o super taboleiro, que nos quedo pendente pola pandemia o curso pasado, de Educación Vial, para xogar cos nosos Escornabots.
Crearon a súa propia cidade, con edificios, beirarruas, sinais...
Como podedes ver no seguinte vídeo o pasaron XENIAL!
viernes, 25 de junio de 2021
OBRADOIRO IMPRESIÓN 3D
Os alumnos/as de 6º do cole, estiveron na nosa bilioteca, aprendendo a facer deseños para imprimir na nosa impresora 3D.
Iniciáronse no manexo do programa de deseño 3D Tinkercad, deseñando os peixes vermellos que sinalizan o Camiño do Mar (PDI do centro).
Tamén fixeron chaveiros de minipeixes vermellos e de frechas amarelas que sinalizan o camiño.
Nas seguintes fotos o podedes ver que ben o fixeron!!!
jueves, 24 de junio de 2021
PROMOCIONANDO O CAMIÑO DO MAR
Os alumnos/as do CEP Lois Tobío fixeron distintos traballos para promocionar o Camiño do Mar.
Os nenos/as do 1º ciclo deseñaron pegatinas. Despois imprimíronse 1.000 unidades.
Os nenos/as do 2º ciclo deseñaron carteis en formato A3, dos que se imprimiron 500 unidades.
Os nenos/as do 3º ciclo deseñaron un tríptico con codigos QR, dos que se imprimiros 500 unidades.
Estes traballos se repartiron por distintos lugares do noso municipio, Viveiro, en tendas, bares, restaurantes, hoteis, supermercados... para promocionar e dar a coñecer esta variante do Camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade, Viveiro.
miércoles, 23 de junio de 2021
O MAPA DO CAMIÑO DO MAR
Coa axuda de todas as clases do cole elaboramos un mapa xigante do Camiño do Mar, onde indicamos os lugares máis importantes do camiño.
Mirade nas fotos que chulo quedou!!!