Esta mañá , tivemos a entrega de premios as ganadoras do concurso de "BANDA DESEÑADA" do C.E.P Lois Tobio
A primeira gañadora foi :
Inés Mariño de 6ºB
E a segunda clasificada foi:
Carmen Bouso Rego de 3ºA
Hoxe , os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º tivemos unha visita moi especial... Papá Noel e a sua axudante Anabel, e aproveitamos para entregarlle as nosas cartas!!!
Papá Noel quedou abraiado de como se portan estes nenos/as e de como cantaron eses villancicos tan chulos!!Ata o anooooo!!!
Papá Noel, recorda deixarnos moitos regaliños ehhh!!
Na primeira parte desta segunda sesión do club de lectura estivemos comentando o libro recomendado do mes: Plan de rescate, de Antía Yáñez. A través de preguntas, comentamos os aspectos e escenas que máis nos chamaron a atención, os momentos que máis nos divertiron, debatemos sobre os valores que se traballan neste conto...
Os nen@s mostraron aos seus compañeiros as súas recensións sobre o conto e descubrimos que entre eles hai uns grandes debuxantes!
Durante a segunda parte estivemos elaborando uns marcapáxinas para poder empregar nas lecturas que fagamos, o próximo día ensinarémosvos o resultado!
E tamén presentamos o libro que estamos a ler no mes de decembro:
A BOTELLA DE LENTELLAS
Autora: Leticia Barbadillo.
Ilustradora: Xiana Teimoy.
Editorial: Xerais.
Ano de publicación: 2023.
ISBN: 9788411104098
Premio Merlín de literatura infantil 2023.
Temas: homenaxe ás avoas.
ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!
O pasado mércores 25 de outubro iniciou a súa andaina o club de lectura de 4º, 5º e 6º de Primaria neste curso 2023/2024 baixo o pseudónimo “LE CON BIBLIORETA”.
Esta é unha actividade voluntaria para fomentar o hábito da lectura nun ambiente diferente á aula. Ao mesmo tempo é un espazo de inclusión e socialización.
Nesta primeira sesión fixemos unha pequena asemblea para coñecernos, comentar o que esperamos de este club, coñecer as nosas preferencias lectoras, cales son os nosos libros favoritos, onde adoitamos ler, cando o facemos… Ademáis, establecemos, de forma consensuada, as normas e compromisos que asumimos coa nosa participación no club.
Entregamos a cada un dos participantes un carnet lector que iremos enchendo a medida que fagamos as lecturas e un rexistro de lectura que cubriremos con información relativa ao libro lido nese mes e unha recensión do que nos pareceu.
Ademáis, dispoñemos dun buzón do club de lectura no que os nen@s poden deixar as súas suxerencias sobre libros recomendados, as cales teremos en conta para propor en futuras lecturas.
Para rematar, presentamos o libro que imos ler no mes de novembro e facemos unha actividade na que debemos imaxinar o que ocorrerá no libro guiándonos exclusivamente polo que vemos na portada.
Autora: Antía Yáñez.
Ilustradora: Xiana Teimoy.
Editorial: Xerais.
Ano de publicación: 2020.
ISBN: 9788491217282
Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade 2019.
Temas: diversidade, compañeirismo, traballo en equipo, amor.
ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!
Este ano veu levar os nosos medos a Pantasma das Bragas Rotas.....
Cada neno/a escribiu o que máis medo lle daba e o que máis lle enfadaba nunha braguiña de papel para entregárllela a Pantasma das Bragas Rotas. Antes de irse a Pantasma decidiu regalarnos a lectura de dous contos moi divertidos..... A súa propia historia, "A pantasma das bragas rotas" e " Un vampiro veligroZo".
Outro ano máis temos que darvos as grazas a todos/as pola vosa participación. O noso cole volveu a dar moitísimo medo con esta decoración tan terroríficamente divertida.
Video só para xente valente!!!!! Así de horripilantes chegaron ao cole os/as nenos/as de segundo A
E na seguinte foto poderedes ver aos nenos/as de segundo B facendo un posado terrorífico.....
Chegou o 24 de outubro, o día das bibliotecas escolares e o alumnado de quinto elaborou, dun xeito moi orixinal, un mural con recomendacións lectoras moi interesantes. Non dubides en botarlle un ollo e escoller o que máis se aproxime ao teu gusto lector. Atoparedes títulos como: O raposo e a mestra, Pioneiras, Atlas de las criaturas extintas, Mitopedia, el gato que amaba los libros, Los diarios de Cereza, Los futbolísimos, No cubil da Lúa, O momento perfecto, No corazón do bosque, Arrepío, Esta non é outra historia de piratas, Amelia Fang, Versos da tarde laranxa, vampiro de biblioteca e O cuarto prohibido.
O alumnado de quinto do noso centro elaborou un vídeo moi chulo coas normas que hai que cumprir na BIBLIOTECA..... Non deixedes de velo!!!!
Boas rapazada!
Xa vos podedes apuntar ao noso Club de Lectura.
Na seguinte imaxe tedes un código QR con toda a información.
O pasado luns 18 de setembro de 2023, nos visitou o noso campión de Europa: ADRIÁN BEN.
Debaixo podedes ver un vídeo da visita e unha presentación do campión viveirense.
E a seguir "SOÑANDO EN GRANDE"
Ola a todo@s,
Se podedes, dende o Equipo de Biblioteca agradeceríamos que cubrírades o seguinte cuestionario sobre a biblioteca para poder mellorala.
Moitas grazas.
Animádevos a concursar!!!
Na seguinte presentación podedes atopar recursos e material para coñecer mellor ao autor homenaxeado este ano:
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Esta semana terá lugar de novo a exposición de bibliotecas escolares da MICRORREDE na sala multiusos do Concello de Viveiro.
Esta é a programación:
Esta é a nosa aportación a exposición:
O mércores 26 de abril de 2023 o alumnado de 1º ciclo do CEP Lois Tobío (Viveiro) fixeron unha saída para conmemorar o Día da EF na rúa (26 de abril) e o Día do Libro (23 de abril).
Fumos en patinete ata Os Castelos (Covas) contribuindo a consecución do lema deste ano do día da EF na rúa: "Fomentando a mobilidade activa con EF".
De volta ao colexio paramos no parque Pernas Peón (Parque dos Patos), onde merendamos, e levamos a cabo un xogo de pistas titulado "Na busqueda dos contos perdidos" para conmemorar o Día do Libro.No seguinte video podedes ver algunhas fotos das actividades deste día.