Seguimos a traballar co profesorado e alumnado de diferentes niveis dende o noso apartado de Biblioteca Creativa. Desta volta tocoulle ao alumnado de 3ºB, que fixo unha fenomenal exposición do tema que están a estudar na materia de Ciencias Naturais: Os animais.
jueves, 31 de marzo de 2022
domingo, 27 de marzo de 2022
Día da Poesía II
Novo vídeo no Día da Poesía por parte do alumnado de 1ºA co poema: Implacable y sigilosa, que nos fala dos perigos do plástico no mar...
martes, 22 de marzo de 2022
Día da Poesía
O alumnado de primeiro A celebra o Día da Poesía (21 de marzo) recitando un poema do libro "Animalario": O camelo.
Na sección de Biblioteca Creativa usamos o fondo de pantalla Chroma para facer a montaxe.
Parabéns ao alumnado!
viernes, 18 de marzo de 2022
Vídeo sobre a CDU en sexto. Pantalla Chroma.
O alumnado de sexto estivo a traballar esta semana co Chroma. As tres clases prepararon unha pequena explicación sobre os sistema internacional de catalogación de fondos CDU (Clasificación Decimal Universal) e puxeron de fondo oas cores e números correspondentes ao propio sistema de catalogación. Será o primeiro de varios proxectos que temos ideados con esta mesma técnica. Parabéns a todo o alumnado de sexto, excelente traballo!