martes, 25 de junio de 2024

Fani & SuperDani

O curso chegou a sua fin! No mes de xuño tivemos a última sesión do club de lectura, mes no que limos o libro Fani & SuperDani: Dani quere ser superheroe e Contra o caracol mutante, de Ramón D. Veiga.

Para clausuralo, fixemos un video para recomendarvos todos os libros que limos ao longo do ano no club de lectura. Aquí tedes o resultado, esperamos que vos guste!




Para despedirnos obsequiáronnos cuns bolígrafos e co primeiro libro que limos este curso:

 



QUE TEÑADES UN BO VERÁN E ESPERÁMOSVOS EN SETEMBRO!

lunes, 17 de junio de 2024

Coraje

Este curso xa vai chegando ao seu remate! No mes de maio tivo lugar a penúltima sesión do club de lectura, mes no que limos o libro Coraje, de Raina Telgemeier.

Este ano o PDI (Proxecto Documental Integrado) do noso centro está relacionado coa banda deseñada, de ahí a nosa elección desta novela gráfica que foi proposta polos propios nenos/as.

A actividade que fixemos sobre o libro consistiu en recrear, por equipos e de manera libre, a escena que máis lles gustou do libro nunha cartulina grande.











Tamén presentamos o que será xa o último libro que imos ler este curso no club, o do mes de xuño:


 

 Fani & Super Dani
Dani quere ser superheroe
Contra o caracol mutante

Autor: Ramón D. Veiga.
Ilustrador: Ignacio Hernández.
ISBN: 9788418687921 

Temas: aventuras.

Editorial: Triqueta Editora.

Ano de publicación: 2024.




 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

miércoles, 29 de mayo de 2024

VISÍTANOS PABLO RODRÍGUEZ

Este martes visítanos PABLO RORÍGUEZ, membro do corpo técnico do Aston Vila, que se clasificou esta temporada para a próxima Champions Leage.


Na seguinte WEBQUEST podes coñecelo mellor.





martes, 30 de abril de 2024

Caramomia

Sétima sesión do club de lectura correspondente ao mes de abril, mes no que limos o libro: Caramomia, de Ledicia Costas, Daniel Landesa, O Hemátocrítico e María Lado 

Esta vez, a actividade que empregamos para traballalo foi un concurso por equipos no que cada un debía elaborar unha batería de preguntas para facer aos equipos opoñentes, os cales as tiñan que adiviñar premendo os pulsadores sonoros e luminosos.

Tamén desciframos o código segredo que nos deixa Caramomia ao final do libro.

Este foi o resultado!











Tamén presentamos o libro que imos ler no mes de maio:

 

          Coraje

Autores: Raina Telgemeier.
Ilustrador: Branden Lamb.
ISBN: 9788417708931 
Temas: ansiedade, medos, saúde mental.

Editorial: Maeva.

Ano de publicación: 2020.




 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!