sábado, 24 de febrero de 2024
Día de Rosalía 2024
viernes, 23 de febrero de 2024
miércoles, 21 de febrero de 2024
WEBQUEST "DESCUBRINDO A ...ROSALÍA"
Esta é a WEBQUEST que elaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, para que descubrades a importancia que tivo a figura de Rosalía de Castro na nosa literatura.
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
Venres 23 de febreiro
Neste día conmemoramos o nacemento dunha das autoras máis importantes da nosa lingua: Rosalía de Castro
Por ese motivo o 23 de febreiro celebramos o ...
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Na seguinte presentación tendes distintos recursos para saber máis sobre unhas das escritoras galegas máis importante de todos os tempos.
PASAPALABRA DE ROSALÍA DE CASTRO
Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca deseñamos este rosco sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.
ATREVEDESVOS A COMPLETALO?
martes, 20 de febrero de 2024
jueves, 1 de febrero de 2024
DÍA DA PAZ. BANDEIRAS BRANCAS PARA A INFANCIA
O día de 30 de xaneiro, celebramos o día da PAZ , dunha maneira moi especial...varios centros da microrrede de bibliotecas da Mariña ,realizamos unhas bandeira de cor branca e izamolas polo noso patio para manifestarnos contra todo tipo de violencia.
Esta iniciativa é promovida por UNICEF , e neste centro abordamolo nas aulas.
O equipo das rapazas
Onte, na cuarta sesión do club de lectura, fixemos unha actividade TIC para traballar sobre o libro recomendado do mes: O equipo das rapazas, de Pasqual Alapont. Un libro co que debatemos sobre temas de actualidade como a igualdade de xénero, o deporte ou a importancia do traballo en equipo.
Para isto fixemos un concurso no que empregamos os Plickers, unha ferramenta moi útil para avaliar canto sabemos sobre o conto. Velaquí o resultado e o ben que o pasamos!
E tamén presentamos o libro que estamos a ler no mes de febreiro:
Ánxela e Spencer
Autor: Carlos Meixide.
Ilustradora: Julia Lago.Editorial: Edelvives.
Ano de publicación: 2023.
ISBN: 9788411103336Temas: aventuras,humor.
ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!