Onte, na cuarta sesión do club de lectura, fixemos unha actividade TIC para traballar sobre o libro recomendado do mes: O equipo das rapazas, de Pasqual Alapont. Un libro co que debatemos sobre temas de actualidade como a igualdade de xénero, o deporte ou a importancia do traballo en equipo.
Para isto fixemos un concurso no que empregamos os Plickers, unha ferramenta moi útil para avaliar canto sabemos sobre o conto. Velaquí o resultado e o ben que o pasamos!
E tamén presentamos o libro que estamos a ler no mes de febreiro:
Ánxela e Spencer
Autor: Carlos Meixide.
Ilustradora: Julia Lago.Editorial: Edelvives.
Ano de publicación: 2023.
ISBN: 9788411103336Temas: aventuras,humor.
ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario