Onte celebramos a sesión do club de lectura correspondente ao mes de marzo para traballar o libro recomendado: Alma de elefante, de Andrea Maceiras.
Para traballalo empregamos un bingo no que cada nen@ tiña que escribir 9 palabras relacionadas ca historia, tanto en cada casilla do cartón, como en diferentes anaquiños de papel que posteriormente meteríamos nunha cesta da cal os iríamos sacando aleatoriamente para xogar a un bingo común.
A medida que íamos sacando papeliños e tachando casillas íamos comentando o contexto e a relación desa palabra co conto ata que algún dos nen@s cantase bingo.
Pasamos un anaco moi agradable!
Caramomia
Autores: Ledicia Costas, Daniel Landesa, O Hematocrítico e María Lado.
Ilustrador: Martín Romero.
ISBN: 9788411104111
Temas: misterio.Editorial: Xerais.
Ano de publicación: 2023.
ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario