jueves, 4 de abril de 2024

Alma de elefante

Onte celebramos a sesión do club de lectura correspondente ao mes de marzo para traballar o libro recomendado: Alma de elefante, de Andrea Maceiras 

Para traballalo empregamos un bingo no que cada nen@ tiña que escribir 9 palabras relacionadas ca historia, tanto en cada casilla do cartón, como en diferentes anaquiños de papel que posteriormente meteríamos nunha cesta da cal os iríamos sacando aleatoriamente para xogar a un bingo común.

A medida que íamos sacando papeliños e tachando casillas íamos comentando o contexto e a relación desa palabra co conto ata que algún dos nen@s cantase bingo.

Pasamos un anaco moi agradable!










Tamén presentamos o libro que imos ler no mes de abril:


 

          Caramomia

Autores: Ledicia Costas, Daniel Landesa, O Hematocrítico e María Lado.
Ilustrador: Martín Romero.
ISBN: 9788411104111 
Temas: misterio.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2023.




ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

jueves, 7 de marzo de 2024

Ánxela e Spencer

O pasado 28 de febreiro tivo lugar a quinta sesión do club de lectura, onde pasamos unha hora moi amena xogando ás cartas de alimentos (cada un dos capítulos levaba por título unha comida típica galega relacionada co contido deste) para traballar o libro recomendado do mes: Ánxela e Spencer, de Carlos Meixide, libro que tivo moito éxito entre os nen@s xa que non tivo nin unha soa valoración negativa.  

O xogo constaba de dúas partes: na primeira, respondíamos a unha serie de preguntas para comprobar que limos o libro e para recordar e comentar aspectos dos diferentes capítulos e, na segunda, describimos os distintos tipos de alimentos co fin de que o resto os adiviñase e coñecese novo vocabulario sobre alimentos típicos galegos. Ensinámosvos como transcurriu a sesión!


















Tamén presentamos o libro que imos ler no mes de marzo:

   Alma de elefante

Autora: Andrea Maceiras.
Ilustrador: Jordi solano.
ISBN: 9788411102377 
Temas: crecemento,
amor polos animais.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2023.




 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

lunes, 4 de marzo de 2024

 MALETAS VIAXEIRAS

Gracias a Asesoría de bibliotecas tivemos unha pequena temporada, estas maletas con tantos libros para poder  leer, ver, manexar e sobre todo disfrutar destes libros tan interesantes para os peques e non tan peques.





sábado, 24 de febrero de 2024

Día de Rosalía 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO




Para homenaxear á autora o alumnado de primeiro ciclo adicoulle un recitado na rúa co seu mesmo nome. Como actuación final, e coa axuda da mestra de música, os/as pequenos/as cantaron a canción do Moucho de Migallas. 
Seguro que a Rosalía lle encantou oír o ben que soaron os seus poemas nas vosas voces..... Estades feitos/as uns artistas!!!!!

viernes, 23 de febrero de 2024

       PINTANDO POR ROSALÍA


O alumnado de 5º curso disfrutaron dun día artístico ao aire libre , pintando por Rosalía de Castro inspirandose no mural do noso xardín, realizado pola gran  ilustradora galega Lara Torres.



 DÍA DE ROSALÍA 



Hoxe co motivo da celebración do día de  Rosalía de Castro , os alumnos/as de 5º fixeron este mural tan bonito e vistoso para decorar  nosa entrada do cole!!