lunes, 27 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

 


A VISITA DE PAPA NOEL

O último día de colexio deste trimestre os nen@s de 1º e 2º recibiron unha visita moi especial: nada máis e nada menos que a visita de PAPA NOEL e unha das súas elfas.
Aproveitaron para falar con el y sobre todo para recordarlle que non se esquecera dos nosos agasallos.
Moitas grazas pola visita PAPA NOEL.







PALABRAS POLO NADAL

Este mes de decembro, os alumnos do CEP Lois Tobío, elaboraron postais de Nadal e escolleron palabras con encanto para enviar as distintos lugares do noso municipio: colexios, institutos, concello, policía, bombeiros, centros de maiores...
As palabras con encanto que escolleron as deseñaron e imprimiron na nosa impresora 3D, para que puideran ser colgadas nas árbores de Nadal destes lugares. Quedaron chulisimas!!!
No seguinte vídeo podedes ver un resumo desta actividade.


PALABRAS POR NADAL


martes, 21 de diciembre de 2021

O Apalpador

 Se hai algunha cousa en especial que botásemos de menos era..... A VISITA DO APALPADOR!!!!, por fin puidemos volver a xuntarnos na biblioteca para escoitar un dos seus fermosos contos e disfrutar da súa visita, xunto cos seus amigos/as da residencia de maiores DOMUS VI. Foi unha ledicia poder compartir unha morea de palabras, incluso musicadas.... Grazas por seguir visitándonos e facer da Noiteboa algo ainda máis máxico!!!! 



lunes, 13 de diciembre de 2021

T - LEMOS : ORELLAS DE BOLBORETA

O venres 10 de decembro, os nen@s de 1º de EP do noso cole prepararon un contacontos moi divertido: 


"ORELLAS DE BOLBORETA"

co que agasallaron aos nen@s de 5 anos da EEI San Roque. 
Conectámonos por vídeoconferencia as 4 aulas, as dúas de 5 anos e as duas de 1º. 
A verdade que pasamos un rato moi divertido!!!
Os neno@s aproveitaron para saudar aos seus compañeir@s do curso pasado, e para falar coas súas mestras  ata fai poucos meses.
Debaixo tedes os vídeos do contacontos e a canción que prepararon con moito agarimo o alumnado de 1º.

Esperamos que vos gusten.

Canción


Contacontos



Canción