jueves, 4 de abril de 2024

Alma de elefante

Onte celebramos a sesión do club de lectura correspondente ao mes de marzo para traballar o libro recomendado: Alma de elefante, de Andrea Maceiras 

Para traballalo empregamos un bingo no que cada nen@ tiña que escribir 9 palabras relacionadas ca historia, tanto en cada casilla do cartón, como en diferentes anaquiños de papel que posteriormente meteríamos nunha cesta da cal os iríamos sacando aleatoriamente para xogar a un bingo común.

A medida que íamos sacando papeliños e tachando casillas íamos comentando o contexto e a relación desa palabra co conto ata que algún dos nen@s cantase bingo.

Pasamos un anaco moi agradable!










Tamén presentamos o libro que imos ler no mes de abril:


 

          Caramomia

Autores: Ledicia Costas, Daniel Landesa, O Hematocrítico e María Lado.
Ilustrador: Martín Romero.
ISBN: 9788411104111 
Temas: misterio.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2023.




ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

jueves, 7 de marzo de 2024

Ánxela e Spencer

O pasado 28 de febreiro tivo lugar a quinta sesión do club de lectura, onde pasamos unha hora moi amena xogando ás cartas de alimentos (cada un dos capítulos levaba por título unha comida típica galega relacionada co contido deste) para traballar o libro recomendado do mes: Ánxela e Spencer, de Carlos Meixide, libro que tivo moito éxito entre os nen@s xa que non tivo nin unha soa valoración negativa.  

O xogo constaba de dúas partes: na primeira, respondíamos a unha serie de preguntas para comprobar que limos o libro e para recordar e comentar aspectos dos diferentes capítulos e, na segunda, describimos os distintos tipos de alimentos co fin de que o resto os adiviñase e coñecese novo vocabulario sobre alimentos típicos galegos. Ensinámosvos como transcurriu a sesión!


















Tamén presentamos o libro que imos ler no mes de marzo:

   Alma de elefante

Autora: Andrea Maceiras.
Ilustrador: Jordi solano.
ISBN: 9788411102377 
Temas: crecemento,
amor polos animais.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2023.




 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

lunes, 4 de marzo de 2024

 MALETAS VIAXEIRAS

Gracias a Asesoría de bibliotecas tivemos unha pequena temporada, estas maletas con tantos libros para poder  leer, ver, manexar e sobre todo disfrutar destes libros tan interesantes para os peques e non tan peques.





sábado, 24 de febrero de 2024

Día de Rosalía 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO




Para homenaxear á autora o alumnado de primeiro ciclo adicoulle un recitado na rúa co seu mesmo nome. Como actuación final, e coa axuda da mestra de música, os/as pequenos/as cantaron a canción do Moucho de Migallas. 
Seguro que a Rosalía lle encantou oír o ben que soaron os seus poemas nas vosas voces..... Estades feitos/as uns artistas!!!!!

viernes, 23 de febrero de 2024

       PINTANDO POR ROSALÍA


O alumnado de 5º curso disfrutaron dun día artístico ao aire libre , pintando por Rosalía de Castro inspirandose no mural do noso xardín, realizado pola gran  ilustradora galega Lara Torres.



 DÍA DE ROSALÍA 



Hoxe co motivo da celebración do día de  Rosalía de Castro , os alumnos/as de 5º fixeron este mural tan bonito e vistoso para decorar  nosa entrada do cole!!




 

miércoles, 21 de febrero de 2024

WEBQUEST "DESCUBRINDO A ...ROSALÍA"

 Esta é a WEBQUEST que elaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, para que descubrades a importancia que tivo a figura de Rosalía de Castro na nosa literatura.


Ánimo!!!

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 Venres 23 de febreiro 

Neste día conmemoramos o nacemento dunha das autoras máis importantes da nosa lingua: Rosalía de Castro

Por ese motivo o 23 de febreiro celebramos o ...

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Na seguinte presentación tendes distintos recursos para saber máis sobre unhas das escritoras galegas máis importante de todos os tempos.








PASAPALABRA DE ROSALÍA DE CASTRO

Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca deseñamos este rosco sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.

ATREVEDESVOS A COMPLETALO?

jueves, 1 de febrero de 2024

  DÍA DA PAZ. BANDEIRAS BRANCAS PARA A INFANCIA

O día de 30 de xaneiro, celebramos o día da  PAZ , dunha maneira moi especial...varios centros da microrrede de bibliotecas da Mariña ,realizamos unhas bandeira de cor branca e izamolas polo noso patio para manifestarnos contra todo tipo de violencia.

Esta iniciativa é promovida por UNICEF , e neste centro abordamolo nas aulas.




O equipo das rapazas

Onte, na cuarta sesión do club de lectura, fixemos unha actividade TIC para traballar sobre o libro recomendado do mes: O equipo das rapazas, de Pasqual Alapont. Un libro co que debatemos sobre temas de actualidade como a igualdade de xénero, o deporte ou a importancia do traballo en equipo.

Para isto fixemos un concurso no que empregamos os Plickers, unha ferramenta moi útil para avaliar canto sabemos sobre o conto. Velaquí o resultado e o ben que o pasamos!













E tamén presentamos o libro que estamos a ler no mes de febreiro:


   Ánxela e Spencer

Autor: Carlos Meixide.


Ilustradora: Julia Lago.

Editorial: Edelvives.

Ano de publicación: 2023.

ISBN: 9788411103336

Temas: aventuras,
humor.


ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

domingo, 28 de enero de 2024

 No noso cole,  o día 30 de xaneiro, celebramos o día da PAZ pero adiantamonos e fixemos este mural  tan chulo,  para esta data tan importante e así decorar a entrada do edificio grande.

Pero queremos recordar, que a PAZ , non só se celebra e se práctica este día senon todos os días do ano.




martes, 23 de enero de 2024

A botella de lentellas

 Hoxe ensinávosvos por fin algúns dos marcapáxinas que elaboramos na pasada sesión do club de lectura, ¡esperamos que vos gusten!





Na primeira parte desta terceira sesión do club de lectura estivemos comentando o libro recomendado do mes: A botella de lentellas, de Leticia Barbadillo. Esta vez comentamos o contido do libro a través dun xogo de cartas que nos incitaba a falar de cada unha das fabulosas historias que se tratan neste libro.





Aquí vos ensinamos algúns dos comentarios que fixemos:



E tamén presentamos o libro que estamos a ler no mes de xaneiro:

   O equipo das rapazas

Autor: Pasqual Alapont.


Ilustradora: Julia Cejas.

Editorial: Edelvives.

Ano de publicación: 2023.

ISBN: 9788414042441

Temas: igualdade de xénero, amizade, deportes e humor.



 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!