lunes, 27 de marzo de 2023

SEMANA DA POESÍA 2023

Con motivo da conmemoración o 21 de marzo do Día da Poesía, no CEP Lois Tobío celebramos do 20 ao 24 de marzo de 2023 

"A semana da poesía"

O martes 21 o alumnado de 1º compartió recitado de poesías na praza co alumnado de 5º de EI da EEI San Roque.

O mércores 22 os padriños e madriñas lectores do nosos centro foron a visitar ao seus afillados e afilladas as súas aulas, e conxuntamente participaron nun obradoiro de elaboración de haikus.

O venres 24 o alumnado de 2º foi a praza e compartíu poemas e cancións co alumnado de 6º de EI da EEI San Roque.

Podedes ver fotos, vídeos e máis información destas actividades na seguinte presentación:

martes, 14 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALALDORA - VÍDEOS 8M DO 1º CICLO

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Trabaladora o 8 de marzo, o alumnado do primeiro ciclo do CEP Lois Tobío fixeron uns videos moi chulos. Aquí os tedes. Seguro que vos gustan.

VÍDEO 1ºA

VÍDEO 1ºB



VÍDEO 2ºA



VÍDEO 2ºB



VÍDEO 2ºC

HOMENAXE AO NOSO CAMPIÓN: ADRIÁN BEN

O alumnado de primeiro fixo uns banderíns para animar ao recente Campión de Europa dos 800m, o viveirense ADRIÁN BEN, cando pasa por diante do noso cole entrenando.








Moitas felicidades campión!!!



viernes, 10 de marzo de 2023

VISITA DO EXPERTO ORNITOLÓXICO: TOÑITO

Hoxe 10 de marzo de 2023, visitounos un gran experto ornitólogo do Barqueiro: TOÑITO.



Falounos das migracions das aves e de cales pasaban por aquí ou hai en Viveiro, das súas rutas migratorias, dos seus habitos de vida, as súas costumes...

Gracias a el dímonos conta de que vivimos nunha zona privilexiada para o avistamento destas aves



Tamén falounos da importancia do coidado do medioambiente e dos espazos naturais onde habitan aves. 

Foi unha charla moi interesante e entretenida, que seguro que nos é de moito proveito para o futuro desenrolo do noso proxecto deste curso: "As para voar"

Moitas grazas Tonito!!!

Aprendimos moitiiisimo contigo.

VISITA DE VICENTE MÍGUEZ

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora o 8 de marzo, este xoves visitounos VICENTE MÍGUEZ.



Nado en Viveiro, foi mestre nas escolas de Celeiro e Vicedo. Tamén escribíu varias obras de investigación e novelas. 


Falounos sobre o papel da muller na sociedade, fundamentalmente en Viveiro.



Foi unha charla moi interesante e visual que nos acercou a realidade que soñaban as mulleres que viviron en tempos de moito traballo e penurias económicas.



Estivo baseada nos libros dos que el mesmo é autor: "Mar Gremial das rías de Viveiro e Barqueiro" e "Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro"(escrio xunto con Carlos Nuevo Cal)





Moitas grazas Vicente por compartir con nos os teus coñecementos. 


miércoles, 8 de marzo de 2023

MURAIS 8M

 O alumnado de 5º e 6º elaboraron murais co motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.

Mirade que chulos!!!

Este é o mural de 5º. Se picades na imaxe podedes ver un video do mural:




E este é o de 6º:



martes, 7 de marzo de 2023

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo da conmemoración deste día, dende a biblioteca e o Equipo da Dinamización da Lingua Galega, deseñamos un PASAPALABRA sobre a importancia das mulleres na nosa localidade: VIVEIRO. 

Para poder dar coas respostas, terás que ler e consultar o seguinte libro que nos fala da importancia que tiveron as mulleres no noso municipio:


Ademáis este xoves vainos visitar Vicente Míguez Salgueiro, natural de Celeiro. 


Foi mestre nas escolas de Celeiro e o Vicedo. Tamén é escritor de varias obras de investigación, novelas, obras de teatro escolar... Vai falar co alumnado de 4º, 5º e 6º sobre o importante papel que tiveron as mulleres en VIVEIRO.


Aqui tedes o rosco:



SORTE!!!