martes, 22 de diciembre de 2020

martes, 8 de diciembre de 2020

SEMANA DA CIENCIA 2020

Esta semana celebramos no noso colexio a:


Esperamos que vos gustara a actividade.

Picando na imaxe podedes ver os retos a as solucións dos mesmos.

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!


viernes, 4 de diciembre de 2020

EXPOSICIÓN DE XOGUETES CO MATERIAL RECICLADO

 

Ola a tod@s!!!

Estamos rematando o primeiro trimestre e xa nos quedan poucos días para as vacacións do Nadal.

Dende a biblioteca, con motivo da celebración do Nadal, queremos facer unha exposición de XOGUETES FEITOS CON MATERIAL RECICLADO.

Durante o confinamento do pasado curso, un dos desafíos de EF, consistía en facer un xoguete con este tipo de material. Fixéchedes cousas MOI CHULAS!!!

Se aínda tedes eses xoguetes gustaríanos facer unha exposición con eles.

Ou se queredes podedes facer outros.

Abaixo tedes un vídeo dese desafío para que o recordedes e por se vos da ideas para facer algún.


Animo chic@s!!!

Esperamos os vosos xoguetes.

jueves, 3 de diciembre de 2020

SEMANA DA CIENCIA 2020

Boas chic@s!!!


O mércores da semana que ven imos comezar coa celebración da SEMANA DA CIENCIA 2020.
Como fixemos o curso pasado ímosvos propoñer un desafío para cada día desa semana.
Na seguinte presentación ides a atopar unha explicación da actividade e os desafíos de cada día.


A xogar!!!

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO: "DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

 Os alumn@s do CEP LOIS TOBÍO de VIVEIRO celebramos este día recordando a importancia de eliminar a violencia de xénero da nosa sociedade. Para elo elaboramos a seguinte vídeo entre todalas aulas.




jueves, 12 de noviembre de 2020

ACTIVIDADE "SERES MITOLÓXICOS NO CAMIÑO"

Ola chic@s.

Son Biblioreta.

Aquí vos deixo unha actividade moi chula para facer estes días.



Espero que vos guste.

Unha aperta.

Biblioreta

AGASALLO DOS NEN@S DE 6ºB AOS SEUS AFILLADO@S de 2ºB

Ola afillados e afilladas,
Somos os vosos padriños e madriñas de 6ºB
Queremos agasallarvos con este conto, "A árbore que non tiña follas", que preparamos para vos con moito agarimo.
Esperamos que vos guste!!!



Bicos.
Madriñas e padriños de 6ºB

lunes, 2 de noviembre de 2020

APADRIÑAMENTOS LECTORES 2020/2021

 Ola nen@s.

Queredes saber quen é o voso padriño ou a vosa madriña?

Na seguinte presentación o podedes descubrir.

E recordade que tedes que cumprir os contratos de apadriñamento, tanto os padriños e as madriñas; como os afillados e as afilladas.

Moitas grazas polo voso traballo.

Agora desfrutade del!!!



sábado, 31 de octubre de 2020

CHEGOU SAMAÍN!!!

Ola chicos!!!

Carmen Domech, de Títeres Cachirulo, mandounos unha mensaxe para tod@s vos:

"Queridas/os amigas/os,

CHEGOU SAMAÍN!!
Nunca son moitos os contos de arrepío nestas datas. Por iso vos mandamos un conto para pasalo de medo. A historia de "Rosa e a Morte". Nela unhas maracas transfórmanse en personaxes para contarnos un conto para todas as idades:


E, se queredes inventar as vosas propias historias de amor, humor e terrorrrr... podédelo facer con este teatriño de papel do contacontos "Contos para pasalo de medo" de Carmen Domech, que atoparedes na seguinte ligazón:


Coidádevos moito e, para o que queda de ano mais o que ven,

MEIGAS FÓRA!!

Saúdos

jueves, 29 de octubre de 2020

CONTACONTOS DO SAMAÍN POR DOMUS VI VIVEIRO

 Ola chic@s.

Aquí tedes un contacontos do SAMAÍN, a cargo dos usuarios da Residencia Domus VI de Viveiro, e que queren compartir con vos:

"Un, dous, tres, vampiro ti es"


Esperan que vos guste moito e que o desfrutedes!!!


jueves, 22 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Mañá e 24 de outubro.

É o Día das Bibliotecas.

Para celebrar ese fantástico día temos un bonito agasallo para tod@s vosotr@s.

Uns divertidos consellos a cargo de  "Toupiconsellos"

Que risa!!!



E un entretenido concerto de PAPABUIS (Luis Vallecillo)

Espectacular!!!



Desfrutade do espectáculo!!!



Felicitamos nesta data tan especial a nosa mascota.... Biblioreta!!!!





MODELOS DE MARCAPÁXINAS 24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

 Ola chic@s!!!

Mañá sábado é 24 de outubro e celebramos o Día da Biblioteca.

Aquí tedes uns modelos de marcapáxinas para colorear co motivo desta celebración.

Espero que vos gusten.





domingo, 18 de octubre de 2020

19 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS 2020


O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España. Dende 2016 búscase reinvindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

 







 
Alumnos de segundo, homenaxean á escritora Alba De Evan neste día.
 



A data elixida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesus, o 15 de outubro. Este ano é o luns 19 de outubro baixo o lema

"O esforzo cotián das mulleres"

Para conmemorar este día compartimos con vos unha recompilación de fragmentos de escritoras galegas, recollidas pola Asesoría de Bibliotecas de Galicia, para que poidades lerlos e daros conta da importancia deste día. 

(Preme na imaxe para podelos ler)

viernes, 9 de octubre de 2020

AS MOCHILAS VIAXEIRAS SAEN DE NOVO HACÍA AS NOSAS CASAS

Despois deste comezo de curso tan especial, esta semana tamén comenzo a funcionar a nosa biblioteca.

Se o luns comezaron de novo os préstamos de fondos na biblioteca, hoxe volven a viaxar as nosas casas as "MOCHILAS VIAXEIRAS"

Como en anos anteriores as "mochilas viaxeiras" van chegar a cada casa cargadas de materiales para compartir en familia.

Estas viaxarán as nosas casas durante 13 días. Despois volveran ao cole de novo, onde estarán en corentena 48 horas. Pasado este tempo viaxarán a outra casa.

Desfrutade delas!!!

lunes, 5 de octubre de 2020

COMEZO DO PRESTAMO DE FONDOS. CURSO 2020 / 2021

Hoxe comezamos co préstamo de fondos da nosa biblioeca.

Recordade o novo protocolo de funcionamento da Biblioteca para este curso. Debaixo tedes a presentación coas novas normas por se as queredes volver a ver.

O bo funcionamento da biblioteca e labor de tod@s.

Gracias pola vosa colaboración.

martes, 29 de septiembre de 2020

NORMAS COVID-19 NA BIBLIOTECA

Boas chic@s!!!

Aquí tedes as normas de uso da biblioteca para este curso.




Se cumpres as normas, protexes a todos.


 

PRESENTACIÓN E NOVO PROTOCOLO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2020 /2021

 Ola chic@s!!!

A semana que ven comeza de novo os prestamos de fondos na nosa biblioteca.

Pero debido ao Covid-19, este ano hai algún cambio importante no funcionamento da biblio.

Estar moi atentos a seguinte presentación, e aos vídeos explicativos dos nen@s de 6º, para facer un uso axeitado dela. 



Vémonos na biblio!!!



domingo, 21 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2020


Biblioreta quere desexarvos un feliz verán, e xa que está, pois decidiu deixarvos estas recomendacións lectoras, a ver que vos parecen!:




Lecturas de verán para Infantil e Primaria.
Recomendacións realizadas dende os diferentes centros da Microrrede Plambe da Mariña: 








Lecturas de verán para maiores. Recomendacións realizadas dende os diferentes centros da Microrrede Plambe da Mariña: 



viernes, 19 de junio de 2020

O CHALANO 2020

Dun xeito un tanto diferente e especial, publicamos o Chalano 2020. Hoxe máis que nunca a súa edición foi posible ao voso esforzo. Un formato de presentación ao que non estabamos acostumados, pero que si o miramos ben son todo ventaxas, xa que reducimos o consumo de papel ao presentalo en formato dixital. A vosoutros/as en que formato vos gusta máis?



martes, 16 de junio de 2020

Devolución libros PRÉSTAMO BIBLIOTECA e MOCHILAS VIAXEIRAS

ATENCIÓN, COMUNICADO


Moitos/as de vosoutros/as tedes nas vosas casas algún préstamo da biblioteca ou mochila viaxeira, queríamosvos pedir de novo a vosa colaboración para a recuperación dos mesmos. 

Aproveitando que tendes que facer a devolución dos libros de texto pedímosvos que, ao mesmo tempo, nos acerquedes os préstamos da biblioteca ou mochilas viaxeiras. 

Os pasos a seguir son:

- Datas de entrega: do 20 ao 30 de xuño.

- Horario de entrega: Mañás de 10 a 13.

- Como entregar o material da biblioteca?: dentro dunha bolsa co nome do alumno/a que fai a entrega.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

MEDIO AMBIENTE CON VOZ NATURA

No CEP Lois Tobio, desde o confinamento celebramos o Día Mundial do Medio ámbiente, o día 5 de xuño, e o Día Mundial dos Océanos, o día 8 de xuño. Os nenos e nenas do noso cole quixeron deixar unha mensaxe de esperanza  a toda a poboación de que se todos e todas contribuímos podemos lograr salvar o medio ambiente e en especial o medio mariño que tanta falta nos fai.

(BLOG O Tobío coa Natureza)


Dámosvos as grazas de novo pola vosa colaboración. Grazas a vosoutros/as todo isto foi posible.

Deixamosvos o enlace ao Blogue para que poidades acceder e ver os vosos traballos.