jueves, 26 de mayo de 2022

Os Maios

Mañá, o alumnado de 1º e 2º participará nos Maios que se propoñen dende o Concello e cantará coplas dos nosos maios coma estas...



domingo, 8 de mayo de 2022

EXPOSICIÓN MICRORREDE DA MARIÑA 2022: "As verbas traen lembranzas"

Un ano máis a nosa biblioteca participa na exposición anual da Microrrede da Mariña, que este ano leva por título: 

“A VOLTA COAS PALABRAS”

Pincha na imaxe para ver o programa

 O noso centro participa nesta exposición cun cadro titulado:

“AS VERBAS TRAEN LEMBRANZAS”

Este cadro é un resumo da exposición que fixemos no colexio, coas cámaras que decorastes, e que recollen os códigos QR cos vídeos que gravastes aos vosos maiores, onde nos contan que palabras lles traen recordos da súa nenez e porque.  








Con todos os códigos QR elaboramos os seguintes negativos



Que están colocados no cadro que temos exposto na exposición.


Xa podedes ir a velo, e atopar o voso código!!!