sábado, 21 de diciembre de 2019

TEMPO DE NADAL

Para rematar o trimestre , hoxe a escola engalanouse e recibiu aos Reis . Todo o alumnado e profesorado se reuniu arredor destas tres figuras tradicionais que nos agasallaron ( como vén sendo habitual) cun bocata de chocolate e un calendario ( o noso calendario) , froito dun traballo documental que resume e feflicte o PDI deste curso : " Cidadáns na rúa ". Nun emotivo acto , o alumnado de sexto deu lectura ao pregón de Nadal e despois, os diferentes niveis cantaron panxoliñas , en homenaxe ás súas maxestades de Oriente.  

Pincha no enlace para ver o video.



domingo, 8 de diciembre de 2019

Que comece a función!!!!





Unha compañeira da clase de primeiro tivo a xenial idea de facernos uns divertidos monicreques de animais empregando cartolinas e paus. Como a tremendo agasallo habia que darlle uso estes/as pequenos/as, decidiron que sería boa idea facer unha sesión de teatro; cada equipo interpretou as súas obras e resultaron do máis inxeniosas e divertidas!!!! Noraboa!!!!

Recanto de Ciencia



Seguimos indagando na vida de grandes mulleres que tiveron e teñen un papel importante no mundo da ciencia.....








Biblio no recreo!!!

E si chove.... Queee chovaaa!!! aquí durante o recreo tamén se está na biblio; é un lugar xenial para xogar cos diferentes e variados xogos dos que dispón a biblio (xogos de mesa, de inxenio, de construcción...), para inventar contos, para axudar a que as estanterías se atopen ordenadas, para forrar, ....







martes, 26 de noviembre de 2019

SEMANA DOS RETOS



Durante a semana pasada levamos a cabo a Semana dos Retos. No taboleiro da biblioteca plantexamos un reto por día. Os retos foron escollidos de entre os moitos que atopamos nos libros da biblioteca. A maneira de resolver estes enigmas escolleuno cada clase, algúns fixérono de xeito individual,  outros por equipos ou incluso, en gran grupo.

Estes/as pequenos/as de terceiro curso conseguiron superar o reto dos 9 mistos..... Como facer catro triángulos con 9 mistos colocados en forma de gran triángulo???

Noraboa rapazada!!!!

jueves, 21 de noviembre de 2019

EXPERIMENTOS



Sabes como inflar un globo con dióxido de carbono????
   Estes nenos/as buscaron o xeito de facelo na escolma de libros de ciencia da biblioteca e decidiron levalo a cabo.











DEREITOS DA INFANCIA II



Seguimos traballando sobre os dereitos da infancia.... Os alumnos de quinto curso, despois de visitar a biblioteca, escolleron un libro da biblioteca para ler, debatir e traballar sobre o tema. Escolleron o libro "A caixa máxica", da colección "Os Dereitos dos nenos e nenas", no que se recolle a historia dunha vila na que todos/as os /as nenos/as se portan mal e os seus pais e nais deciden pedir axuda.

Artigo 2º
"O neno ou a nena debe estar en situación de desenvolverse dunha maneira sa e normal, no plano físico, intelectual, moral, espiritual e social, en condicións de liberdade e dignidade".






lunes, 18 de noviembre de 2019

DEREITOS DA INFANCIA


 Achégase o Día dos dereitos da infancia e os nenos e nenas de terceiro fixemos un traballo para coñecelos un pouco mellor e sensibilizarnos da súa importancia , facendo unha reflexión do que supón vivir sen dereitos . Ao mesmo tempo, relacionamos cada dereito cun respectivo deber porque soamente así construiremos un mundo mellor para todos .

Fai click no seguinte enlace:


http://taboleiroloistobio.blogspot.com/2019/11/dereitos-da-infancia.html




domingo, 17 de noviembre de 2019

Florilexio para este mes de CIENCIA!!!


Xa tendes ao alcance da vosa mán unha gran selección de libros de ciencia!!! Outono é a época perfecta para resolver moitas das dúbidas que nos roldan na cabeza..... Por que chove?? Poido facer eu un arco da vella?? ..... Animádevos e curioseade, investigade.... experimentade!!!
                   

 

  

Libros novos na nosa biblio!!!!




Coñecedes a Naturizo??? É un ourizo do máis intrépido e agarimoso. Naturizo enseñarache a coñecer, coidar e respectar a nosa contorna. 
Os novos títulos de OQO, Xerais, Hércules Ediciones.....


domingo, 10 de noviembre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS + SAMAÍN + MAGOSTO = FEEESTAAA!!!!


O día 8 de Novembro celebramos no cole o día das Bibliotecas, o Samaín e o Magosto. Pasámolo xenial; ao longo da mañá houbo intercambios lectores na biblioteca (contaron e escoitaron contos terroríficos coa actividade "Contos medorentos para contar nun momento), no recreo comemos as castañas e o que foi unha mágoa, foi que tivemos que aplazar os xogos populares de Magosto polo mal tempo.

Estade atentos/as ao nos Blog porque iremos colgando os vídeos e fotos de cada actuación!!!!





Alumnos/as de 6ºC intercambio lector con 3ºA
Conto: A figueira de Pelostortos.






Almunos/as de 5ºB intercambio lector con 1ºB
Conto: Adaptación do conto "A casa da miña avoa"















jueves, 7 de noviembre de 2019

O mes da ciencia está de loito


Novembro, o mes da ciencia....  moi tristemente anunciámosvos que hoxe día 7 do dito mes, finou Margarita Salas Falgueras, científica, bioquímica e investigadora española. Doutora en ciencias, licenciada en químicas pola Universidade Complutense de Madrid no 1963.

Se pinchades link que aparece debaixo da foto poderedes ler a súa biografía, aquí vos deixo un pequeno pero interesante fragmento:


En España volvió a sentirse discriminada. Si bien dentro de su equipo nunca tuvo ningún problema con sus doctorandos, de cara al exterior solo era la mujer de Eladio Viñuela. Algo que a Eladio le parecía terriblemente injusto. Por ello, con el fin de que el trabajo de Margarita fuese valorado como merecía, en 1970 decidió iniciar el estudio del virus de la peste porcina africana y la investigación del Phi29 quedó, exclusivamente, bajo la dirección de Margarita. De esa forma pudo demostrar que era capaz de sacar adelante la investigación por sí misma y se convirtió en una científica con nombre propio y no solo en “la mujer de”.

GALLETAS ARÁCNIDAS!!!!



         Despois de moito buscar información sobre como facer unha receita os/as peques de primeiro decidiron facer esta receita. Os motivos pola que eles/elas a elexiron foi que era sinxela, rápida e podíamola facer na clase.

MESA DE LUZ



Os/as nenos/as de primeiro usamos a mesa de luz para moitas cousas, unha delas é esta, ver as radiografías dos/as nosos/as familiares.... aprender así é moito máis divertido!!!! Tamén fumos á biblioteca a buscar libros do corpo humán, e incluso, algún compi trouxo libros da casa para prestar.

Tradicións....






Para que as tradicións non se perdan temos que darlles continuidade. Para animarnos a facelo viñeron Héctor e Rodrigo, do grupo de gaitas Cacharela..... Como ben vedes no video os/as nenos/as de primeiro e segundo estaban moi animados!

Vida Sa!











Ubicación na biblio deste libro GRA 97

Un libro de Hércules Ediciones, escrito pola bloguera María Corbacho.
Neste libro atoparemos:  pautas para levar a diante unha vida chea de hábitos saudables, información sobre diferentes nutrientes e sabrosas receitas que podedes facer en familia.

Papagaio Novembro





Extra, eeextraaaaa......!!!!!! Xa temos na Biblio do Tobio a número de Novembro do Papagaio!!!! 

Por que as xirafas teñen o pescozo tan longo???? 

Queres saber como facer unha pequena escultura???

Como evolucionou a anestesia???

Atrévete a ler unha nova e terrorífica historia dos Lumens, Mariola e Tristán!!!

domingo, 27 de octubre de 2019

Que ben saben estos libros!!!



PETISCOS DE OUTONO 😋

Unha das actividades á que lle estamos a dar forma, xunto cos/as compis do EDNL,  é a de "Petiscos de outono". Cada neno/a participará cunha receita sabrosa feita con produtos naturais do outono. Esta pequena selección de libros poderanvos axudar... Ainda que quizais tamén pode ser un bo momento para que pidades axuda na casa e vos conten esas deliciosas receitas que tan ben se lle dan ao cociñeiro/a da túa casa. 

Contos medorentos para contar nun momento!!!!



Quen dixo medo????? Este cole está cheo de nenos/as moi valientes, por iso imos levar a cabo unha grande experiencia da man dos nosos/as padriños e madriñas. Para o vindeiro día 8 de novembro, na biblio do noso cole, os maiores contaranlles contos terrooooríiiificooss aos máis pequenos/as.
Na biblio queda feita unha escolma de libros por si queredes botar man deles.... Sodes o suficientemente valientes para ler estos contos????

Seleccións temáticas

Mochilas viaxeiras 2019/2020

As mochilas xa están viaxando ás casas das nosas familias . Van cargadiñas de variadas lecturas: banda deseñada, narrativa, poesía, películas, xogos,...Aproveitádeas e compartídeas en familia.


Formación de usuarios/as





Para comezar unha xornada de formación , imprescindible para guiar ao alumnado na busca de fondos, localización e uso adecuados .



Traballouse coa localización física de fondos e a través do blog e do Meiga .











Tempos de lecer na biblioteca

Recreos creativos, cheos de actividade lúdica e diversa , con xogos , dramatizacións, contacontos entre os diferentes grupos de alumnos , ...




sábado, 26 de octubre de 2019