sábado, 21 de diciembre de 2019

TEMPO DE NADAL

Para rematar o trimestre , hoxe a escola engalanouse e recibiu aos Reis . Todo o alumnado e profesorado se reuniu arredor destas tres figuras tradicionais que nos agasallaron ( como vén sendo habitual) cun bocata de chocolate e un calendario ( o noso calendario) , froito dun traballo documental que resume e feflicte o PDI deste curso : " Cidadáns na rúa ". Nun emotivo acto , o alumnado de sexto deu lectura ao pregón de Nadal e despois, os diferentes niveis cantaron panxoliñas , en homenaxe ás súas maxestades de Oriente.  

Pincha no enlace para ver o video.



domingo, 8 de diciembre de 2019

Que comece a función!!!!





Unha compañeira da clase de primeiro tivo a xenial idea de facernos uns divertidos monicreques de animais empregando cartolinas e paus. Como a tremendo agasallo habia que darlle uso estes/as pequenos/as, decidiron que sería boa idea facer unha sesión de teatro; cada equipo interpretou as súas obras e resultaron do máis inxeniosas e divertidas!!!! Noraboa!!!!

Recanto de Ciencia



Seguimos indagando na vida de grandes mulleres que tiveron e teñen un papel importante no mundo da ciencia.....








Biblio no recreo!!!

E si chove.... Queee chovaaa!!! aquí durante o recreo tamén se está na biblio; é un lugar xenial para xogar cos diferentes e variados xogos dos que dispón a biblio (xogos de mesa, de inxenio, de construcción...), para inventar contos, para axudar a que as estanterías se atopen ordenadas, para forrar, ....