domingo, 26 de noviembre de 2023

Os nenos/as de 1º E.P tiveron a visita de asociación "ADEGA"  fixeron e pintaron  unhas xardineiras super chulas para decorar o noso patio. Son uns artistas!!





 Esta semana no noso cole tivemos unhas charlas de nutrición para todos os niveis, aquí vos mostramos un pequeno exemplo!! moito aprendimos e ademais divertímonos a esgalla!!



lunes, 13 de noviembre de 2023

Arrancamos!

O pasado mércores 25 de outubro iniciou a súa andaina o club de lectura de 4º, 5º e 6º de Primaria neste curso 2023/2024 baixo o pseudónimo “LE CON BIBLIORETA”.

Esta é unha actividade voluntaria para fomentar o hábito da lectura nun ambiente diferente á aula. Ao mesmo tempo é un espazo de inclusión e socialización.


Nesta primeira sesión fixemos unha pequena asemblea para coñecernos, comentar o que esperamos de este club, coñecer as nosas preferencias lectoras, cales son os nosos libros favoritos, onde adoitamos ler, cando o facemos… Ademáis, establecemos, de forma consensuada, as normas e compromisos que asumimos coa nosa participación no club.


Entregamos a cada un dos participantes un carnet lector que iremos enchendo a medida que fagamos as lecturas e un rexistro de lectura que cubriremos con información relativa ao libro lido nese mes e unha recensión do que nos pareceu.  






Ademáis, dispoñemos dun buzón do club de lectura no que os nen@s poden deixar as súas suxerencias sobre libros recomendados, as cales teremos en conta para propor en futuras lecturas.



Para rematar, presentamos o libro que imos ler no mes de novembro e facemos unha actividade na que debemos imaxinar o que ocorrerá no libro guiándonos exclusivamente polo que vemos na portada. 




  

 





O primeiro libro deste curso será PLAN DE RESCATE.

Autora: Antía Yáñez.

Ilustradora: Xiana Teimoy.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2020.

ISBN: 9788491217282 

Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade 2019.

Temas: diversidade, compañeirismo, traballo en equipo, amor. 




ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

viernes, 10 de noviembre de 2023

MAGOSTO NO LOIS TOBIO

Hoxe celebramos o Magosto, comimos castañas asadas e bebimos batido de chocolate.
Tamén desfrutamos da música tradicional galega coa que nos amenizaron as gaiteiras e pandereteiras de 6º  de E.P.


Picade na foto e poderedes ver un vídeo  da nosa festa!!!

miércoles, 1 de noviembre de 2023

A pantasma das Bragas Rotas

 Este ano veu levar os nosos medos a Pantasma das Bragas Rotas..... 


Cada neno/a escribiu o que máis medo lle daba e o que máis lle enfadaba nunha braguiña de papel para entregárllela a Pantasma das Bragas Rotas. Antes de irse a Pantasma decidiu regalarnos a lectura de dous contos moi divertidos..... A súa propia historia, "A pantasma das bragas rotas" e " Un vampiro veligroZo". 




Cabazas polo Samaín


 


Outro ano máis temos que darvos as grazas a todos/as pola vosa participación. O noso cole volveu a dar moitísimo medo con esta decoración tan terroríficamente divertida.