Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de abril de 2022

Toupiciencia

A pasada semana, o alumnado de segundo tivo a sorte de poder asistir no cole a "Toupiciencia", unha actividade na que unha pequena toupa e o seu axudante lle axudaba cos experimentos.

A actividade pretende promover a investigación e experimentación na infancia.









jueves, 31 de marzo de 2022

Os animais

Seguimos a traballar co profesorado e alumnado de diferentes niveis dende o noso apartado de Biblioteca Creativa. Desta volta tocoulle ao alumnado de 3ºB, que fixo unha fenomenal exposición do tema que están a estudar na materia de Ciencias Naturais: Os animais.



sábado, 20 de noviembre de 2021

Novembro, Ciencia e palabras.... ÓSMOSIS

 Ósmosis!!!.... Osmo queeeee???? Ósmosis!!!!! 

Esta foi a palabra que aprendimos os nenos/as de primeiro e segundo na semana da ciencia.....  No seguinte video veredes en qué consistiu o noso experimento. Levamos un rexistro do material que precisábamos, dos pasos a levar a cabo, das hipóteses sobre o que creíamos que ía acontecer e do que finalmente ocurríu. 

Con este experimento aprendimos que o sal funcionou como barreira protectora para que auga non entrase no osiño de gominola, impedindo así que aumentase o seu tamaño, xusto o contrario do que pasou nos osiños que estaban con auga sola, que inflaron e estaban máis xelatinosos.... e todo isto para tratar de que haxa a mesma concentración de auga. 






martes, 12 de mayo de 2020

MAYO CIENTÍFICO

LABORATORIOS STEAM NA CASA


"Esta iniciativa está destinada a estudiantes de Primaria, especialmente de 7 a 9 años, acompañados de sus familias. Está inspirada en las reflexiones del psicopedagogo Francesco Tonucci sobre la educación en estos tiempos de confinamiento. Tonucci propone descubrir el aprendizaje en familia, convirtiendo la casa, la cocina, los materiales de uso común, en experiencias para un taller tecnológico o un un laboratorio de ciencias ; en definitiva, acciones que contribuyan a desarrollar la personalidad y las capacidades y talentos de niños/as.

Con esta iniciativa, a través de una web de recursos, las familias podrán realizar actividades que fomentan el interés de niñas y niños por las áreas de STEAM (acrónimo en inglés de ciencia, tecnología, ingeniería, arte y matemáticas)"



domingo, 8 de diciembre de 2019

martes, 26 de noviembre de 2019

SEMANA DOS RETOS



Durante a semana pasada levamos a cabo a Semana dos Retos. No taboleiro da biblioteca plantexamos un reto por día. Os retos foron escollidos de entre os moitos que atopamos nos libros da biblioteca. A maneira de resolver estes enigmas escolleuno cada clase, algúns fixérono de xeito individual,  outros por equipos ou incluso, en gran grupo.

Estes/as pequenos/as de terceiro curso conseguiron superar o reto dos 9 mistos..... Como facer catro triángulos con 9 mistos colocados en forma de gran triángulo???

Noraboa rapazada!!!!

domingo, 17 de noviembre de 2019

Florilexio para este mes de CIENCIA!!!


Xa tendes ao alcance da vosa mán unha gran selección de libros de ciencia!!! Outono é a época perfecta para resolver moitas das dúbidas que nos roldan na cabeza..... Por que chove?? Poido facer eu un arco da vella?? ..... Animádevos e curioseade, investigade.... experimentade!!!
                   

 

  

jueves, 7 de noviembre de 2019

MESA DE LUZ



Os/as nenos/as de primeiro usamos a mesa de luz para moitas cousas, unha delas é esta, ver as radiografías dos/as nosos/as familiares.... aprender así é moito máis divertido!!!! Tamén fumos á biblioteca a buscar libros do corpo humán, e incluso, algún compi trouxo libros da casa para prestar.