jueves, 7 de marzo de 2024

Ánxela e Spencer

O pasado 28 de febreiro tivo lugar a quinta sesión do club de lectura, onde pasamos unha hora moi amena xogando ás cartas de alimentos (cada un dos capítulos levaba por título unha comida típica galega relacionada co contido deste) para traballar o libro recomendado do mes: Ánxela e Spencer, de Carlos Meixide, libro que tivo moito éxito entre os nen@s xa que non tivo nin unha soa valoración negativa.  

O xogo constaba de dúas partes: na primeira, respondíamos a unha serie de preguntas para comprobar que limos o libro e para recordar e comentar aspectos dos diferentes capítulos e, na segunda, describimos os distintos tipos de alimentos co fin de que o resto os adiviñase e coñecese novo vocabulario sobre alimentos típicos galegos. Ensinámosvos como transcurriu a sesión!


















Tamén presentamos o libro que imos ler no mes de marzo:

   Alma de elefante

Autora: Andrea Maceiras.
Ilustrador: Jordi solano.
ISBN: 9788411102377 
Temas: crecemento,
amor polos animais.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2023.




 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario