domingo, 19 de enero de 2020

ESTRAFALARIAS E UTOPÍAS



Grazas ATENEA por contarnos con tanto agarimo e sentimento esa manchea de libros cheos de mensaxes tan importantes como o respecto, a tolerancia, a valentía, o amor...











OS BOLECHAS VAN A VIVEIRO




Antes de dar comezo coas vacacións de Nadal tivemos a gran sorte de ser agasallados co novo libro dos Bolechas, "van aViveiro". Un libro que aos nenos/as de primeiro ciclo nos veu de marabilla para falar da nosa localidade e de eventos tan importantes que terán lugar no 2020 como é o centenario do noso teatro Pastor Díaz. 
   Empregamos o libro para falar de lugar emblemáticos do noso concello e ubicalos no mapa das rúas de Viveiro... Encantounos, moitas grazas!!!!









martes, 7 de enero de 2020

Teatro en familia



Familias de alumnos/as de primeiro curso presentáronse voluntarios/as para interpretar este conto  de OQO editora "O galo traganoces".
Queremos darvos as gracias por este traballo tan ben feito e interpretado.... Quedamos con ganas de volver a tervos na nosa biblioteca!!!!