miércoles, 20 de diciembre de 2023

 Esta mañá ,  tivemos a entrega de premios as ganadoras do concurso de  "BANDA DESEÑADA" do C.E.P   Lois Tobio

A  primeira gañadora foi : 

Inés Mariño de 6ºB 

E a segunda clasificada foi: 

Carmen Bouso  Rego de 3ºA






 Hoxe , os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º tivemos unha visita moi especial... Papá Noel e a sua axudante Anabel, e aproveitamos para entregarlle as nosas cartas!!!

Papá Noel quedou abraiado de como se portan estes nenos/as e de como cantaron eses villancicos tan chulos!!Ata o anooooo!!! 

Papá Noel, recorda deixarnos moitos regaliños ehhh!!








martes, 19 de diciembre de 2023

Como é de costume, hoxe  os nenos/as de 1º, tivemos unha grata visita, quen veu a vernos?

O Apalapador !!! e seus e suas axudantes!!

Falaron con nós, cantamos e entregamos os nosos desexos!! que ben o pasamos!!




 Xa se achegan as vacacións de Nadal, e a nosa amiga "Biblioreta" quere facernos unhas recomendacións lectoras para estes días libres que vamos ter.






Biblioreta espera que vos gusten moito estas recomendacións. Bo Nadal!!

viernes, 15 de diciembre de 2023

Plan de rescate

 Na primeira parte desta segunda sesión do club de lectura estivemos comentando o libro recomendado do mes: Plan de rescate, de Antía Yáñez. A través de preguntas, comentamos os aspectos e escenas que máis nos chamaron a atención, os momentos que máis nos divertiron, debatemos sobre os valores que se traballan neste conto... 




Os nen@s mostraron aos seus compañeiros as súas recensións sobre o conto e descubrimos que entre eles hai uns grandes debuxantes!




Durante a segunda parte estivemos elaborando uns marcapáxinas para poder empregar nas lecturas que fagamos, o próximo día ensinarémosvos o resultado!






E tamén presentamos o libro que estamos a ler no mes de decembro:

A BOTELLA DE LENTELLAS

Autora: Leticia Barbadillo.

Ilustradora: Xiana Teimoy.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2023.

ISBN: 9788411104098
 

Premio Merlín de literatura infantil 2023.

Temas: homenaxe ás avoas.



 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!