domingo, 27 de octubre de 2019

Que ben saben estos libros!!!



PETISCOS DE OUTONO 😋

Unha das actividades á que lle estamos a dar forma, xunto cos/as compis do EDNL,  é a de "Petiscos de outono". Cada neno/a participará cunha receita sabrosa feita con produtos naturais do outono. Esta pequena selección de libros poderanvos axudar... Ainda que quizais tamén pode ser un bo momento para que pidades axuda na casa e vos conten esas deliciosas receitas que tan ben se lle dan ao cociñeiro/a da túa casa. 

Contos medorentos para contar nun momento!!!!



Quen dixo medo????? Este cole está cheo de nenos/as moi valientes, por iso imos levar a cabo unha grande experiencia da man dos nosos/as padriños e madriñas. Para o vindeiro día 8 de novembro, na biblio do noso cole, os maiores contaranlles contos terrooooríiiificooss aos máis pequenos/as.
Na biblio queda feita unha escolma de libros por si queredes botar man deles.... Sodes o suficientemente valientes para ler estos contos????

Seleccións temáticas

Mochilas viaxeiras 2019/2020

As mochilas xa están viaxando ás casas das nosas familias . Van cargadiñas de variadas lecturas: banda deseñada, narrativa, poesía, películas, xogos,...Aproveitádeas e compartídeas en familia.


Formación de usuarios/as





Para comezar unha xornada de formación , imprescindible para guiar ao alumnado na busca de fondos, localización e uso adecuados .



Traballouse coa localización física de fondos e a través do blog e do Meiga .











Tempos de lecer na biblioteca

Recreos creativos, cheos de actividade lúdica e diversa , con xogos , dramatizacións, contacontos entre os diferentes grupos de alumnos , ...




sábado, 26 de octubre de 2019