jueves, 30 de abril de 2020

Recursos #euleonacasa

Imos a deixarvos unha serie de enlaces para que poidades disfrutar dunha serie de lecturas que poden facer destos días algo máis entretido...

Un grupo de miembros da Universidade de Sevilla crean o cómic CIENTÍFICAS: PASADO, PRESENTE E FUTURO. Na súa web presentan o seu traballo da seguinte maneira: un grupo de seis miembros de la Universidad de Sevilla, hemos diseñado una actividad lúdico-divulgativa en forma de teatro dirigida a público escolar de entre 8 y 14 años. En ella tratamos de visibilizar el papel de la mujer en la ciencia y la tecnología, acercando a los alumnos y alumnas las vidas y logros de cinco mujeres científicas del pasado, y la profesión y vida real de cinco científicas del presente. 



Dende a REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS GALEGAS, a través da plataforma GALICIA LE: é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
https://www.galiciale.gal/


Dende Baía Edicións:
En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.
Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.
https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/


Dende Kalandraka TV:  


Ofértannos unha serie de contos contados tanto en galego como en castelán, podes acceder tanto a través da súa web: http://www.kalandraka.tv/gl/index.php
Como do seu canal de Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCQuyP5-ZbLvkgAdaOG3YegQ








martes, 28 de abril de 2020

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: OS XOGOS OLÍMPICOS

Ola, como vos atopades??? Esperamos que ben. Como anteriormente vos informamos dende o departamento de Educación Física do noso cole, xunto con outros coles da Mariña, lanzan unha divertida proposta basada nos Xogos Olímpicos, que como ben sabedes, e por mor deste Coronavirus, este ano os Xogos Olímpicos tamén #quedannacasa.

 Pois dende a biblio non queríamos ser menos e pensamos que sería boa idea proporñervos a seguinte actividade:


OLÍMPICOS DENDE A CASA


- A proposta consiste en que faigades un pequeno traballo de investigación sobre a temática "Os Xogos Olímpicos". Vale calquera formato de presentación.... Imaxinación ao poder!!!!! 

- O primeiro paso para calquera traballo de investigación é PARTIR DO QUE XA SABEDES, recabade toda a información que xa coñecedes. É un bo traballo para facer en familia,  entre todos quizáis xuntedes moita información. 

- O seguinte é que vos formuledes preguntas sobre o que VOS GUSTARÍA SABER, pois por exemplo: en que ano comenzaron os Xogos Olímpicos?? , por que se convocaron?? ,  Cales son as modalidades deportivas que se practican?, sempre foron as mesmas?, que modalidades deportivas loitan por ser consideradas de relevancia para participar nos xogos olímpicos? Celebráronse en España as Olimpiadas? Como se escollen as cidades nas que terá lugar este evento? Houbo algún galego /a nas olimpíadas? e algún ou algunha veciña de Viveiro ou da Mariña? Como se pode obtar a ser deportista olímpico? Cada canto tempo se celebran as olimpiadas?, Houbo algún ano que se suspendesen as olimpiadas ou este ano vai ser a primeira vez que aconteza?, Cal é o símbolo das olimpiadas? Que representa? .....

-  Finalmente podes añadir APORTACIÓNS PERSOAIS, do estilo cal é o deporte que máis che gusta, cóntanos si o practicas, si está incluído nos Xogos Olímpicos, si admiras a algún deportista olímpico e por que.... 

- Durante a búsqueda de toda esa información seguro que atoparedes CURIOSIDADES que vos resultarán interesantes para incluír no voso proxecto de investigación. 

- Podes incluír debuxos, fotografías, esquemas... para decorar e completar o teu proxecto. 

- Recorda: Todo traballo ten que incluír unha pequena relación de páxinas web ou bibliografía a que acudiche para a búsqueda de información.

Data de entrega: Xoves 7 de maio do 2020 (incñuído)

lunes, 27 de abril de 2020

contos con tempo parte VII




E hoxe dámoslle as gracias a Carla Echezárraga de 4ºA por este vídeo que realizou xunto co seu pai e a súa nai. Que cousas tan bonitas e que mensaxes tan fermosas se poden enviar a través dos contos. Esperamos que vos guste..... 

Recordámosvos que si queredes participar na actividade Contos contados con tempo solo tendes que enviarnos o voso vídeo ao correo da biblioteca: biblioteca.loistobio@gmail.com




EMOCIÓNS


As emocións son un tema ao que aconsellamos prestar unha atención especial neste longo tempo de confinamento, adultos/as e pequenos/as debedes de traballar xuntos, en familia... en equipo.
Para axudarvos a xestionar as vosas emocións, deixámosvos unha serie de enlaces.

EMOCREA Se trata de una iniciativa en la que han participado el alumnado y el profesorado de la asignatura “Educación Emocional” del Grado de Maestro de Educación Primaria de la Facultad de Educación de la ULL.



OBSERVATORIO  DE LA INFANCIA El Observatorio de la Infancia en Andalucía (OIA) es un órgano de la administración andaluza dedicado a la gestión del conocimiento sobre la infancia y adolescencia, que se adscribe a la Dirección General competente en materia de atención a las personas menores de edad. Está gestionado a través de la Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP).




              




                                               


                                                          


Súper Lola                                                                     Cómo educar las emociones





Club de peques lectores:

Recopilación 30 súper ideas (muy fáciles de realizar pero muy eficaces) para trabajar las emociones con los niños y niñas (en casa o en el aula), para que aprendan a reconocerlas y diferenciarlas y adquieran el lenguaje emocional necesario para entender qué les pasa en cada ocasión y así puedan expresar lo que sienten a los demás. Pincha Aquí



Selección de cuentos y libros infantiles para trabajar varias emociones básicas, sentimientos y habilidades emocionales, para que así los niños vayan aprendiendo de ellas y comprendiéndolas mejor. Pincha Aquí



Cuentos para crecer: con una serie de enlaces para trabajar la crianza positiva, la relajación, la meditación...




Fundación  Descubre: equipo de expertos de la Universidad de Almería ha puesto en marcha EMOCOVID, un programa psicoeducativo con un enfoque de investigación-acción en el que ofrecen actividades específicas para cada grupo destinatario. El objetivo es, después de realizar un estudio empírico durante la primera semana del estado de alarma, ser una herramienta a disposición de los grupos que más lo necesitan. Pincha en EMOCOVID 



  



domingo, 26 de abril de 2020

MUSEO BELAS ARTES DA CORUÑA



Dende o Museo de Belas Artes da Coruña están impulsando a seguinte iniciativa: Anímate e participa co Museo de Belas Artes da Coruña a través da red social INSTAGRAM: https://www.instagram.com/museo.belas.artes.coruna/?hl=es e baixo os cancelos #Museonacas #Artenacasa.

Condicións:
1. Selecciona unha das nove obras que propoñen no seu Instagram.
2. Crea e interpreta a obra cos materiais ou técnicas que elixas dando a túa propia versión.
3. Envíallela cos teus datos ao correo: mu.belas.artes.difusión@xunta.gal














O prazo remata o 15 de maio (Apto para todas as idades)
Anunciarán as obras seleccionadas o 18 de maio, DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS e subiranse á web oficial do Museo Belas Artes da Coruña. Poderedes votar algunhas das obras preseleccionadas que máis vos gusten! 

Aquí vos deixamos algunhas ligazóns a súa páxina que consideramos que poden ser do voso interese:






sábado, 25 de abril de 2020

Contos con tempo parte VI





Hoxe é Aitana, de primeiro, quen nos agasalla coa lectura dun contiño. Escolleu o conto:

Guapa
Editorial APILA ASOCIACION CULTURAL
Autor  HAROLD JIMENEZ CANIZALES

Grazas Aitana. 




jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO NO CEP LOIS TOBÍO

O mes de abril, o mes do libro.... e nosoutros non deixamos de celebralo, incluso dende a casa. Aquí vos deixamos unha serie de actividades que nos fan recordar a importancia dos libros, da lectura, da escritura.... Grazas a todos/as!!! FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

ACTIVIDADE 1 CÓNTOCHE O QUE LEO

Grazas pola vosa participación nesta actividade. Encantounos saber que é o que estades a ler ou cal é voso libro preferido.... Foron un montón de recomendacións lectoras do máis interesantes!!! 




ACTIVIDADE 2 FAME DE PALABRAS

   A partires da proposta realizada pola asesoría de bibliotecas escolares de Galicia xurdiu esta actividade tan bonita, que tampouco sería posible sin a vosa colaboración.... GRAZAS!!!




POEMAS DESDE A CASA CON 2ºB

E...para celebrar o Día do Libro así como o Mes da Poesía, aquí tedes o vídeo dos vosos poemas. 
Fixestes un traballo maravilloso. Estádelo a facer moi ben!. Ánimo a todos e todas e as vosas familias !   (Blogue de 2ºB)






Outra das actividades que se vos propuxo, dende EDNL, foi facer muíños de vento recreando así unha bonita paisaxe quijotesca..... Pincha AQUÍ para ver os traballiños.

Muíño realizado por Aitana 1ºA



Muíño realizado por Candela 1ºA     





"En esto, descubrieron treinta o cuarenta molinos de viento que hay en aquel campo y, así como don Quijote los vio, dijo a su escudero: "









DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR










Hoxe, 23 de abril, é o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"


Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

Texto extraído da web das Bibliotecas Escolares de Galicia


















PROPIEDADE INTELECTUAL, 26 de abril de 2020 

O 26 de abril celébrase o Día Mundial da Propiedade Intelectual, que foi decretado pola ONU a través do seu organismo Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI), co obxectivo de coñecer a función que teñen os dereitos de propiedade intelectual e con iso valorar e fomentar a innovación e a creatividade.
Enlaces de interese:



miércoles, 22 de abril de 2020

A microrrede tamén #quedanacasa

Este ano sería a novena edición do proxecto anual da  MICRORREDE PLAMBE A Mariña. Por estas datas, tería que dar comezo a exposición dentro do noso cole do proxecto deste ano:  "Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo", pero debido á situación actual na que estamos, vémonos na obriga de aplazalo para o vindeiro curso. 

Un gran proxecto colaborativo no que as familias sempre nos mostrástedes todo o voso apoio, grazas.
As bibliotecas Escolares da Mariña que participamos neste proxecto queremos comunicarvos deste éxito que a Microrrede #quedanacasa.



Se pinchades no nome de cada biblioteca poderedes visitar os seus blogues, atoparedes cousas moi interesantes e, quen sabe, quizáis vexades a algún amigo/a doutros coles!

CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
Escola Oficial de Idiomas de RIBADEO


Contos con tempo parte V



GRAZAS a SHEILA de 4ºC por este conto contado con tempo.
Seguro que vos gusta...... 
Animádevos a enviarnos os vosos contos, incluso os inventados por vos mesmos e envìanolo a biblioteca.loistobio@edu.xunta.es







martes, 21 de abril de 2020

CONTOS CON TEMPO PARTE IV

Hoxe queremos presentarvos o conto "O gaiteiro e o lobo". AVISO, SÓ APTO PARA VALIENTES!!!
Un conto contado con tempo pola mestra MARI, siiii .... costa recoñecela, pero garantízovos que é ela... ou iso foi o que nos dixo jajajajjajajajajaja.

Recordade levar unha gaita cando poidades saír da casa e vos entren as gañas de subir algún monte....






sábado, 18 de abril de 2020

Contos con tempo parte III



ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!! EMPEZA A FUNCIÓN!!!!, con todos vostedes os irmáns López Díaz!!!!
 Gabriel e Aitana pensaron que deste xeito tan divertido poderían entreter ao según irmán pequeno.... e funcionou!!!
Entre os tres INVENTARON UNHA OBRA DE TEATRO,  CONSTRUIRON O SEU PEQUENO TEATRO E AS PERSONAXES NECESARIAS e GRAVARON esta función... e agora envíaronnola para que todos poidades disfrutar, e incluso bailar! con esta función.


Manualidades de primeiro

A partir do conto da Vaca que puxo un ovo   algúns nenos/as de primeiro animáronse a facer vacas e pitiños do máis bonitos, orixinais e inxeniosos.... Mirade os vídeos, a ver que vos parecen!!!!

Si vos gusta a proposta e queredes enseñarnos como fixéstedes as vosas Marjories e Daysis, estaremos encantados/as de recibir os vosos traballo no correo da biblio.... biblioteca.loistobio@edu.xunta.es

GRAZAS A TODOS/AS
Ana Arias


Aitana




Julia








Candela




Ana López





Roque




Ángel

Azara

Azara e a súa familia fixeron esta manualidade basada do conto A vaca que puxo un ovo, empregaron palliñas, macarróns e lentellas!!! Outra manualidade súperchula. 


martes, 14 de abril de 2020

Aula de 2ºB



Os/as nenas/os de 2ºB cóntannos como se atopan.... é un gustazo velos/as tan ben!!!! Botámosvos moito de menos a todos/as!!!!

Un bicazo.


Contos con tempo parte II



Queredes lernos o voso conto??? síiii??? animádesvos???? Sería xenial!!!!

Dende a clase de 3ºA, en concreto Martina, xunto coa sua familia, pasan parte do tempo na casa lendo todos xuntiños.... e si xa montan un vídeo coma este.... queda unha actividade súperchula para enseñarlle aos vosos/as compis.... GRACIAS FAMILIA.... e aos demáis, esperamos que vos guste!!!
Se pinchades no título do conto accederes á páxina onde poderedes comprar este conto e así colaborar n asociación de persoas xordocegas de España....

Una Vartia Mágica para Dulce
Autora María J. Cuesta

CONTOS CON TEMPO PARTE I




Ola pequenos/as heroes e heroínas!!!!






 Noraboa por estar cumplindo tan ben esta misión de estar na casa para escondernos deste bechiño.... Recordade, UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS!!! VENCEREMOS!!!!






 Dende a biblioteca pensamos que, como agora temos tempo, sería bo momento para contar algún conto. 

Aquí vos deixamos unha serie de contos contados por profes e profas dende a súa casiña... A ver que vos parecen.... 😉


Rebeca, a profe de primeiro, gravou este conto que ademáis incorpora algunha actividade ao final.... a ver que vos parece.....

A vaca que puxo un ovo
editorial PATAS DE PEIXE
Autor/a: Andy Cutbill



 




Paula, a profe de quinto, xunto co seu pequeno, contaron este conto que nos vén de marabilla para recordarvos que o pasado 13 de abril foi o día do bico.... 




¿De qué color es un beso?
Editorial ALGAR
Autora Rocío Bonilla






Iván, o profe de educación física, xunto coa súa familia, tamén vos queren adicar este conto, un conto xenial para que recordedes a importancia das amizades e da valentía.... 

O Coelliño branco
Editorial Kalandraka
Autor Xosé Ballesteros






martes, 7 de abril de 2020

Dia do libro infantil



O pasado 2 de abril celebrouse o día do libro infantil.... Ainda estamos a tempo para conmemorar esta data!!!!

 Imos a propoñervos dúas actividades e vos escolledes en cal participar:

ACTIVIDADE 1: CONTOCHE O QUE LEO
 Nun vídeo cortiño, que non exceda un minuto de duración,  presentaredes un libro ben porque é o voso libro preferido ou ben porque é o que estades a ler agora; e leredes un pequeno parágrafe do mesmo.

ACTIVIDADE: 2 FAME DE PALABRAS
Enviaredes unha foto coa portada do libro que vos gusta xunto cunha palabra que conteña dito libro.
Esta proposta vén dende a asesoría de bibliotecas escolares e pareceunos moi interesante. Pinchade aquí para ver un exemplo.


A dirección de envío dos vosos traballos é:

biblioteca.loistobio@gmail.com

En asunto teredes que poñer o nome da actividade.
Indica o nome e curso do/a participante. 

DATA MÁXIMA DE ENTREGA XOVES 16 DE ABRIL 


ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!!!




CIDADÁNS NA RÚA

"Cidadáns na rúa", este é o título do noso proxecto para o presente curso escolar..... Pois ao final, por tanto como está a acontecer, o lema terémolo que seguir traballando dende a casa, escondéndonos deste bechiño chamado Coronavirus. Temos que demostrar que somos uns e unhas cidadáns responsables cumprindo as normas, que a verdade, son ben sinxelas...... Estar na casiña!!!

Seguro que moitos/as de vosoutros/as estades xa fartos/as de non poder saír, fartos/as de que os vosos días parezan todos iguais, fartos/as de non poder ver e achuchar a tanta xente que botades en falta, fartos/as de escoitar a palabara coronavirus, fartos/as de ter que traballar desde a casa,.... pois dádelle a volta aos vosos pensamentos, sodes afortunados/as.... siiiii, claro que síiii!!! Estades na casa porque os hospitais, as rúas, os supermercados, as farmacias, as librerías, as panadarías, ........  están ao fronte de heroes e heroínas que nos coidan, nos protexen, nos suministran e loitan por todos/as nosoutros/as. 
Parece que estamos no medio dunha historia deses cómics que tanto vos gustan de Marvel jajajajajajjaja, pois imaxinade que somos os/as compañeiros/as que axuda a tanto superheroe, e a nosas misións son:
- Quedar na casa para que o vilán deste cómic (O Coronavirus) non nos atope.
- Cumprir con todas as recomendacións hixiénicas, porque este vilán é débil ante productos de limpeza como a lexía e de hixiene como a auga e o xabón. 
- Animar a todos/as aqueles/as heroes e heroínas que están acabando con este malo do conto, o Coronavirus... (doutrores/as, científicos/as, enfermeiros/as, auxiliares, celadores/as, persoal de limpeza, pacientes, policías, gardas civís,.....) e como non, tamén hai que animar a eses/as heroes e heroínas que axudan a que poidamos ter un pouco de normalidade nesta historia, como son os/as dependentes/as, granxeiros/as, mariñeiros/as, agricultores/as, actores e actrices, músicos/as, deportistas, cómicos/as,.... e unha longa lista de persoas que aportan o seu gran de area para que todo isto funcione.

AGORA MESMO TODOS/AS TEMOS UNHA MISIÓN!!!