martes, 29 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE BIBLIORETA PARA ESTE VERÁN

 Ola chic@s!

Son Biblioreta

Deséxovos un feliz verán cheo de lecturas divertidas.

Aquí tedes a miñas recomendacións para este verán.



O CHALANO 2021

Que mellor xeito de rematar o curso que publicando o noso xornal:



Esperamos que vos guste.

O SUPER MAGO KIKO CARROLO

O último día deste curso visitounos o super mago viveirense KIKO CARROLO.


No seguinte vídeo podedes ver fotos desta actividade.


O pasamos pipa cos seus trucos de maxia!!!




BO CAMIÑO VALENTIÑO!

 Os nenos e nenas do cole escenifican o Camiño do Mar ata Compostela a través do conto do pingüín Valentín. Pero antes explícannos as etapas do Camiño do Mar coa axuda de 3 peregrinos ven equipados (Gabriel de 6ºB, Aitana de 2ºB e Ángel futuro alumno de 1º) 

A ver si recoñecedes a todos os personaxes do conto!



domingo, 27 de junio de 2021

A NOSA CIDADE

Os alumnos do 1º ciclo levaron a cabo unha unidade didactica de Educación Vial en EF no terceiro trimestre.

Completaron a actividade terminando o super taboleiro, que nos quedo pendente pola pandemia o curso pasado, de Educación Vial, para xogar cos nosos Escornabots. 

Crearon a súa propia cidade, con edificios, beirarruas, sinais...

Como podedes ver no seguinte vídeo o pasaron XENIAL!



viernes, 25 de junio de 2021

OBRADOIRO IMPRESIÓN 3D

 Os alumnos/as de 6º do cole, estiveron na nosa bilioteca, aprendendo a facer deseños para imprimir na nosa impresora 3D.  

Iniciáronse no manexo do programa de deseño 3D Tinkercad, deseñando os peixes vermellos que sinalizan o Camiño do Mar (PDI do centro).

Tamén fixeron chaveiros de minipeixes vermellos e de frechas amarelas que sinalizan o camiño.

Nas seguintes fotos o podedes ver que ben o fixeron!!!











jueves, 24 de junio de 2021

PROMOCIONANDO O CAMIÑO DO MAR

 Os alumnos/as do CEP Lois Tobío fixeron distintos traballos para promocionar o Camiño do Mar.

Os nenos/as do 1º ciclo deseñaron pegatinas. Despois imprimíronse 1.000 unidades.

 





Os nenos/as do 2º ciclo deseñaron carteis en formato A3, dos que se imprimiron 500 unidades.










Os nenos/as do 3º ciclo deseñaron un tríptico con codigos QR, dos que se imprimiros 500 unidades.




Estes traballos se repartiron por distintos lugares do noso municipio, Viveiro, en tendas, bares, restaurantes, hoteis, supermercados... para promocionar e dar a coñecer esta variante do Camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade, Viveiro.

miércoles, 23 de junio de 2021

O MAPA DO CAMIÑO DO MAR

Coa axuda de todas as clases do cole elaboramos un mapa xigante do Camiño do Mar, onde indicamos os lugares máis importantes do camiño.

Mirade nas fotos que chulo quedou!!!












domingo, 20 de junio de 2021

A VISITA DE PABLO RODRÍGUEZ MÉNDEZ

 O venres pasado visitounos Pablo Rodríguez Méndez, membro do corpo técnico do Villarreal C.F., que acaban de ganar o UEFA EURA LEAGE.

Tamén nos acompañou na visita María Carmen Gueimunde González, Xefa Territorial de Educación de Lugo.

Foi unha visita moi interesante, na que aprendimos moito cousas, coas respostas de Pablo as nosas preguntas.

Aquí podees ver algunha foto desta visita.

O pasamos xenial!!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA.

martes, 15 de junio de 2021

VISÍTANOS PABLO RODRÍGUEZ

Este venres visítanos PABLO RORÍGUEZ, membro do corpo técnico do Villarreal C.F., que ganou esta temporada a EUROPA LEAGE.


Na seguinte WEBQUEST podes coñecelo mellor.





domingo, 6 de junio de 2021

A VIAXE DE SAIRA

 O pasado xoves,  tres de xuño, os alumn@s de 3º e 4º desfrutaron dunha actuación en streaming por parte de "A Xanela do Maxín".




Representaron "A Viaxe de Saira". Aquí tedes o enlace para descargar o libro dixital por se queredes lelo.

OS MAIOS...CON NATURIZO!!!

 Os nen@s do primeiro ciclo traballarón os Maios con Naturizo.

No seguinte vídeo podedes ver o seu traballo.


Que Maio máis bonito!!!

CONTAR NO HORTO ESCOLAR

Os nen@s de segundo prepararon unha sesión de contos no horto escolar. 

Con entradas, acomodadores... Parecía o teatro Pastor Díaz.

A sesión acudiron os nen@s de primeiro. Encantoulles!!!

Debaixo tedes o vídeo da sesión para que tod@s podamos desfrutar dela.



Moi bo traballo chic@s!!!