sábado, 24 de febrero de 2024

Día de Rosalía 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO




Para homenaxear á autora o alumnado de primeiro ciclo adicoulle un recitado na rúa co seu mesmo nome. Como actuación final, e coa axuda da mestra de música, os/as pequenos/as cantaron a canción do Moucho de Migallas. 
Seguro que a Rosalía lle encantou oír o ben que soaron os seus poemas nas vosas voces..... Estades feitos/as uns artistas!!!!!

viernes, 23 de febrero de 2024

       PINTANDO POR ROSALÍA


O alumnado de 5º curso disfrutaron dun día artístico ao aire libre , pintando por Rosalía de Castro inspirandose no mural do noso xardín, realizado pola gran  ilustradora galega Lara Torres.



 DÍA DE ROSALÍA 



Hoxe co motivo da celebración do día de  Rosalía de Castro , os alumnos/as de 5º fixeron este mural tan bonito e vistoso para decorar  nosa entrada do cole!!




 

miércoles, 21 de febrero de 2024

WEBQUEST "DESCUBRINDO A ...ROSALÍA"

 Esta é a WEBQUEST que elaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, para que descubrades a importancia que tivo a figura de Rosalía de Castro na nosa literatura.


Ánimo!!!

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 Venres 23 de febreiro 

Neste día conmemoramos o nacemento dunha das autoras máis importantes da nosa lingua: Rosalía de Castro

Por ese motivo o 23 de febreiro celebramos o ...

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Na seguinte presentación tendes distintos recursos para saber máis sobre unhas das escritoras galegas máis importante de todos os tempos.








PASAPALABRA DE ROSALÍA DE CASTRO

Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca deseñamos este rosco sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.

ATREVEDESVOS A COMPLETALO?

jueves, 1 de febrero de 2024

  DÍA DA PAZ. BANDEIRAS BRANCAS PARA A INFANCIA

O día de 30 de xaneiro, celebramos o día da  PAZ , dunha maneira moi especial...varios centros da microrrede de bibliotecas da Mariña ,realizamos unhas bandeira de cor branca e izamolas polo noso patio para manifestarnos contra todo tipo de violencia.

Esta iniciativa é promovida por UNICEF , e neste centro abordamolo nas aulas.




O equipo das rapazas

Onte, na cuarta sesión do club de lectura, fixemos unha actividade TIC para traballar sobre o libro recomendado do mes: O equipo das rapazas, de Pasqual Alapont. Un libro co que debatemos sobre temas de actualidade como a igualdade de xénero, o deporte ou a importancia do traballo en equipo.

Para isto fixemos un concurso no que empregamos os Plickers, unha ferramenta moi útil para avaliar canto sabemos sobre o conto. Velaquí o resultado e o ben que o pasamos!













E tamén presentamos o libro que estamos a ler no mes de febreiro:


   Ánxela e Spencer

Autor: Carlos Meixide.


Ilustradora: Julia Lago.

Editorial: Edelvives.

Ano de publicación: 2023.

ISBN: 9788411103336

Temas: aventuras,
humor.


ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!