domingo, 21 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2020


Biblioreta quere desexarvos un feliz verán, e xa que está, pois decidiu deixarvos estas recomendacións lectoras, a ver que vos parecen!:




Lecturas de verán para Infantil e Primaria.
Recomendacións realizadas dende os diferentes centros da Microrrede Plambe da Mariña: 








Lecturas de verán para maiores. Recomendacións realizadas dende os diferentes centros da Microrrede Plambe da Mariña: 



viernes, 19 de junio de 2020

O CHALANO 2020

Dun xeito un tanto diferente e especial, publicamos o Chalano 2020. Hoxe máis que nunca a súa edición foi posible ao voso esforzo. Un formato de presentación ao que non estabamos acostumados, pero que si o miramos ben son todo ventaxas, xa que reducimos o consumo de papel ao presentalo en formato dixital. A vosoutros/as en que formato vos gusta máis?



martes, 16 de junio de 2020

Devolución libros PRÉSTAMO BIBLIOTECA e MOCHILAS VIAXEIRAS

ATENCIÓN, COMUNICADO


Moitos/as de vosoutros/as tedes nas vosas casas algún préstamo da biblioteca ou mochila viaxeira, queríamosvos pedir de novo a vosa colaboración para a recuperación dos mesmos. 

Aproveitando que tendes que facer a devolución dos libros de texto pedímosvos que, ao mesmo tempo, nos acerquedes os préstamos da biblioteca ou mochilas viaxeiras. 

Os pasos a seguir son:

- Datas de entrega: do 20 ao 30 de xuño.

- Horario de entrega: Mañás de 10 a 13.

- Como entregar o material da biblioteca?: dentro dunha bolsa co nome do alumno/a que fai a entrega.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

MEDIO AMBIENTE CON VOZ NATURA

No CEP Lois Tobio, desde o confinamento celebramos o Día Mundial do Medio ámbiente, o día 5 de xuño, e o Día Mundial dos Océanos, o día 8 de xuño. Os nenos e nenas do noso cole quixeron deixar unha mensaxe de esperanza  a toda a poboación de que se todos e todas contribuímos podemos lograr salvar o medio ambiente e en especial o medio mariño que tanta falta nos fai.

(BLOG O Tobío coa Natureza)


Dámosvos as grazas de novo pola vosa colaboración. Grazas a vosoutros/as todo isto foi posible.

Deixamosvos o enlace ao Blogue para que poidades acceder e ver os vosos traballos.