miércoles, 20 de diciembre de 2023

 Esta mañá ,  tivemos a entrega de premios as ganadoras do concurso de  "BANDA DESEÑADA" do C.E.P   Lois Tobio

A  primeira gañadora foi : 

Inés Mariño de 6ºB 

E a segunda clasificada foi: 

Carmen Bouso  Rego de 3ºA






 Hoxe , os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º tivemos unha visita moi especial... Papá Noel e a sua axudante Anabel, e aproveitamos para entregarlle as nosas cartas!!!

Papá Noel quedou abraiado de como se portan estes nenos/as e de como cantaron eses villancicos tan chulos!!Ata o anooooo!!! 

Papá Noel, recorda deixarnos moitos regaliños ehhh!!








martes, 19 de diciembre de 2023

Como é de costume, hoxe  os nenos/as de 1º, tivemos unha grata visita, quen veu a vernos?

O Apalapador !!! e seus e suas axudantes!!

Falaron con nós, cantamos e entregamos os nosos desexos!! que ben o pasamos!!




 Xa se achegan as vacacións de Nadal, e a nosa amiga "Biblioreta" quere facernos unhas recomendacións lectoras para estes días libres que vamos ter.






Biblioreta espera que vos gusten moito estas recomendacións. Bo Nadal!!

viernes, 15 de diciembre de 2023

Plan de rescate

 Na primeira parte desta segunda sesión do club de lectura estivemos comentando o libro recomendado do mes: Plan de rescate, de Antía Yáñez. A través de preguntas, comentamos os aspectos e escenas que máis nos chamaron a atención, os momentos que máis nos divertiron, debatemos sobre os valores que se traballan neste conto... 




Os nen@s mostraron aos seus compañeiros as súas recensións sobre o conto e descubrimos que entre eles hai uns grandes debuxantes!




Durante a segunda parte estivemos elaborando uns marcapáxinas para poder empregar nas lecturas que fagamos, o próximo día ensinarémosvos o resultado!






E tamén presentamos o libro que estamos a ler no mes de decembro:

A BOTELLA DE LENTELLAS

Autora: Leticia Barbadillo.

Ilustradora: Xiana Teimoy.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2023.

ISBN: 9788411104098
 

Premio Merlín de literatura infantil 2023.

Temas: homenaxe ás avoas.



 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

domingo, 26 de noviembre de 2023

Os nenos/as de 1º E.P tiveron a visita de asociación "ADEGA"  fixeron e pintaron  unhas xardineiras super chulas para decorar o noso patio. Son uns artistas!!





 Esta semana no noso cole tivemos unhas charlas de nutrición para todos os niveis, aquí vos mostramos un pequeno exemplo!! moito aprendimos e ademais divertímonos a esgalla!!



lunes, 13 de noviembre de 2023

Arrancamos!

O pasado mércores 25 de outubro iniciou a súa andaina o club de lectura de 4º, 5º e 6º de Primaria neste curso 2023/2024 baixo o pseudónimo “LE CON BIBLIORETA”.

Esta é unha actividade voluntaria para fomentar o hábito da lectura nun ambiente diferente á aula. Ao mesmo tempo é un espazo de inclusión e socialización.


Nesta primeira sesión fixemos unha pequena asemblea para coñecernos, comentar o que esperamos de este club, coñecer as nosas preferencias lectoras, cales son os nosos libros favoritos, onde adoitamos ler, cando o facemos… Ademáis, establecemos, de forma consensuada, as normas e compromisos que asumimos coa nosa participación no club.


Entregamos a cada un dos participantes un carnet lector que iremos enchendo a medida que fagamos as lecturas e un rexistro de lectura que cubriremos con información relativa ao libro lido nese mes e unha recensión do que nos pareceu.  






Ademáis, dispoñemos dun buzón do club de lectura no que os nen@s poden deixar as súas suxerencias sobre libros recomendados, as cales teremos en conta para propor en futuras lecturas.



Para rematar, presentamos o libro que imos ler no mes de novembro e facemos unha actividade na que debemos imaxinar o que ocorrerá no libro guiándonos exclusivamente polo que vemos na portada. 




  

 





O primeiro libro deste curso será PLAN DE RESCATE.

Autora: Antía Yáñez.

Ilustradora: Xiana Teimoy.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2020.

ISBN: 9788491217282 

Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade 2019.

Temas: diversidade, compañeirismo, traballo en equipo, amor. 




ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

viernes, 10 de noviembre de 2023

MAGOSTO NO LOIS TOBIO

Hoxe celebramos o Magosto, comimos castañas asadas e bebimos batido de chocolate.
Tamén desfrutamos da música tradicional galega coa que nos amenizaron as gaiteiras e pandereteiras de 6º  de E.P.


Picade na foto e poderedes ver un vídeo  da nosa festa!!!

miércoles, 1 de noviembre de 2023

A pantasma das Bragas Rotas

 Este ano veu levar os nosos medos a Pantasma das Bragas Rotas..... 


Cada neno/a escribiu o que máis medo lle daba e o que máis lle enfadaba nunha braguiña de papel para entregárllela a Pantasma das Bragas Rotas. Antes de irse a Pantasma decidiu regalarnos a lectura de dous contos moi divertidos..... A súa propia historia, "A pantasma das bragas rotas" e " Un vampiro veligroZo". 




Cabazas polo Samaín


 


Outro ano máis temos que darvos as grazas a todos/as pola vosa participación. O noso cole volveu a dar moitísimo medo con esta decoración tan terroríficamente divertida.

martes, 31 de octubre de 2023

Personaxes de medo .....

 Video só para xente valente!!!!! Así de horripilantes chegaron ao cole os/as nenos/as de segundo A


E na seguinte foto poderedes ver aos nenos/as de segundo B facendo un posado terrorífico.....





martes, 24 de octubre de 2023

Lerflix!

 

 Chegou o 24 de outubro, o día das bibliotecas escolares e o alumnado de quinto elaborou, dun xeito moi orixinal, un mural con recomendacións lectoras moi interesantes. Non dubides en botarlle un ollo e escoller o que máis se aproxime ao teu gusto lector. Atoparedes títulos como: O raposo e a mestra, Pioneiras, Atlas de las criaturas extintas, Mitopedia, el gato que amaba los libros, Los diarios de Cereza, Los futbolísimos, No cubil da Lúa, O momento perfecto, No corazón do bosque, Arrepío, Esta non é outra historia de piratas, Amelia Fang, Versos da tarde laranxa, vampiro de biblioteca e O cuarto prohibido. 



martes, 3 de octubre de 2023

VÍDEO COAS NORMAS DA BIBLIOTECA CURSO 23/24

O alumnado de quinto do noso centro elaborou un vídeo moi chulo coas normas que hai que cumprir na BIBLIOTECA..... Non deixedes de velo!!!!




sábado, 23 de septiembre de 2023

CLUB DE LECTURA "LE CON BIBLIORETA"

Boas rapazada!

Xa vos podedes apuntar ao noso Club de Lectura.

Na seguinte imaxe tedes un código QR con toda a información.


A qué esperades para apuntarvos!!!

martes, 19 de septiembre de 2023

VISITA ADRIÁN BEN

 O pasado luns 18 de setembro de 2023, nos visitou o noso campión de Europa: ADRIÁN BEN.

Debaixo podedes ver un vídeo da visita e unha presentación do campión viveirense.




Moitas grazas pola túa visita Adri e moita sorte campión.

E a seguir "SOÑANDO EN GRANDE"

sábado, 16 de septiembre de 2023

Centenario do traslado dos restos mortais de Nicomedes Pastor Díaz á igrexa parroquial de San Francisco

 



O noso alumnado participou no acto organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Cumpríronse 212 anos do nacemento dun dos veciños máis ilustres de Viveiro e o alumnado de quinto curso estivo alí para ler poemas pastordianos significativos.






lunes, 5 de junio de 2023

AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA PARA O ALUMNADO CURSO 2022/2023

Ola a todo@s,

Se podedes, dende o Equipo de Biblioteca agradeceríamos que cubrírades o seguinte cuestionario sobre a biblioteca para poder mellorala.

Moitas grazas.


https://forms.gle/vd59A8NfoLwHfYr26

martes, 16 de mayo de 2023

CONCURSO MICRORRELATO CEP LOIS TOBÍO


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proproñemos un concurso de microrrelatos para conmemorar o día das Letras Galegas 2023.
Aquí tedes o cartel do concurso: 



O gañador do concurso publicará a súa historia no Chalano deste curso.

Animádevos a concursar!!!

LETRAS GALEGAS 2023

 Na seguinte presentación podedes atopar recursos e material para coñecer mellor ao autor homenaxeado este ano: 

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Nela atopamos presentaciós, xogos, videos das nosas actividades...

lunes, 8 de mayo de 2023

EXPOSICIÓN MICRORREDE DA MARIÑA 2023

Esta semana terá lugar de novo a exposición de bibliotecas escolares da MICRORREDE na sala multiusos do Concello de Viveiro.

Esta é a programación:


Esta é a nosa aportación a exposición:



Esperamos veros por alí.

jueves, 27 de abril de 2023

DÍA DA EF NA RÚA (26 DE ABRIL)-DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)

O mércores 26 de abril de 2023 o alumnado de 1º ciclo do CEP Lois Tobío (Viveiro) fixeron unha saída para conmemorar o Día da EF na rúa (26 de abril) e o Día do Libro (23 de abril).



Fumos en patinete ata Os Castelos (Covas) contribuindo a consecución do lema deste ano do día da EF na rúa: "Fomentando a mobilidade activa con EF".

De volta ao colexio paramos no parque Pernas Peón (Parque dos Patos), onde merendamos, e levamos a cabo un xogo de pistas titulado "Na busqueda dos contos perdidos" para conmemorar o Día do Libro.

Tiñan que atopar distintas palabras para formar os títulos dos libros máis lidos da nosa biblioteca. Se daban con eles conseguían o mapa do tesouro.

No seguinte video podedes ver algunhas fotos das actividades deste día.