jueves, 28 de noviembre de 2024

Unha veciña de película

    Onte tivemos a segunda sesión no club! Para entrar un pouco en materia e facer un repaso do libro que limos este mes ("Unha veciña de película" de Iria Misa) contestamos unhas preguntas a traves da aplicación Kahoot.









    Despois fixemos un recopilatorio de cada unha das películas clásicas que se mencionan no conto traballando por parellas de maneira que cada equipo puxese en común o que ocorría cos personaxes en cada unha das películas nas que eran inmersos.






    Finalmente presentamos o libro que imos ler no mes de decembro:


Lotta

Autor: Astrid Lindgren

Ilustradora: Beatrice Alemagna

Editorial: Kalandraka

Ano de publicación: 2023

ISBN: 9788413432151

Temas: liberdade da infancia, aventuras.


Recordade que o día 9 de decembro é o día para pasarlle o libro ao compañeiro correspondente para que o poidamos ler todos! 


ATA O MES QUE VÉN COMPAÑEIROS!



domingo, 10 de noviembre de 2024

COMEZAMOS A TEMPADA 2024/2025 NO CLUB DE LECTURA "LE CON BIBLIORETA"! 

    Este ano temos vellos coñecidos e novas caras que decidiron embarcarse nesta aventura que continúa un ano máis no clube, polo que, para coñecernos un pouco máis, fixemos un xogo cun taboleiro no que tiñamos que presentarnos, falar sobre o nosos libro favorito e responder ás preguntas que nos indicara o tableiro segundo o que nos salira nos dados.



    Unha vez que nos coñecimos un pouquiño máis, recordamos e presentamos as normas do club de lectura e repartimos os carnets lectores deste ano, onde iremos poñendo pegatinas para cuantificar os libros que limos e os rexistros de lectura para facer un pequeño recordatorio e valoración do libro lido nese mes.



 

E finalmente presentamos o libro que imos ler:



Unha veciña de película

Autor: Iria Misa

Ilustradora: Laura Suárez

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2023

ISBN: 9788411103299

Temas: películas clásicas, paixón polo cine, aventuras.


Recordade que o día 13 de novembro é o día para pasarlle o libro ao compañeiro correspondente para que o poidamos ler todos! 


ATA O MES QUE VÉN COMPAÑEIROS!