martes, 20 de octubre de 2026
jueves, 4 de junio de 2026
Dona problemas e despedida!
Este mes no club de lectura...
A nosa lectura foi "Dona Problemas", de O Hematocrítico, na que, Carlota, á cal todo o mundo coñece como "Dona Problemas", se adica a resolver os incidentes que padecen os alumnos e alumnas do seu colexio.
Para comentar esta lectura e para despedirnos dunha maneira máis distendida deste curso no club de lectura, organizamos un pícnic no que charlamos, comentamos a lectura e recibimos uns detalles. Despedimos tamén aos alumnos/as que o ano que vén comezan a sua andadura no instituto e esperámosvos de novo ao resto o ano próximo!
QUE TEÑADES UN BO VERÁN CHEO DE LECTURAS E AVENTURAS APAIXOANTES!
miércoles, 6 de mayo de 2026
Travesía Unicornio
Este mes no club de lectura...
A nosa lectura foi "Travesía Unicornio", unha peza tetral que narra a historia dun neno e o seu unicornio, os cales atopan unha xenia que lles promete cumplir os seus desexos.
A actividade que realizamos consistiu en meternos no papel destes personaxes para interpretar fragmentos do texto. Velaquí o resultado das nosas interpretacións e o ben que o pasamos!
Autor: El Hematocrítico
Ilustradora: Paco Roca
Editorial: Xerais
Ano de publicación: 2022
ISBN: 9788469885963
Temas: resolución de conflitos, acoso escolar, convivencia, amizade, solidaridade e intelixencia emocional
jueves, 16 de abril de 2026
El libro de Gloria Fuertes para niñas y niños
Este mes no club de lectura...
Con motivo da conmemoración do Día da Poesía, o 21 de marzo, este mes aproveitamos para ler a unha das poetisas españolas máis importante da xeración dos 50... GLORIA FUERTES!
Este libro é unha compilación dos seus mellores versos, contos e ensinanzas da sua obra
O 20 de marzo tamén recibimos á primavera, polo que nos basamos neste acontecemento para realizar a nosa actividade. Cada nena/o escolleu o poema de Gloria Fuertes que máis o inspirou do libro e plasmouno nun pétalo ademais de ilustralo. Con cada un destes pétalos compuxemos unha margarida a cal expuxemos nun mural para darlle a benvida á primavera.
Ademais, este mes tivemos unha visita moi especial... a escritora de libros como "Xertrudis", "O meu libro secreto de bruxería" ou "As manchas de Palmira", Ana Meilán, visitounos para falarnos sobre o seu conto "A serea que esqueceu" e pasar un bo anaco connosco. Con ela falamos sobre moitas cousas interesantes, contounos un conto e escribimos recordos e desexos.
Por último, no mes de abril, leremos a seguinte peza teatral:
Autor: María Canosa
Ilustradora: María Brenn
Editorial: edicións embora
Ano de publicación: 2022
ISBN: 9788417824846
Temas: amizade, respecto á diferenza, diversidade de identidade e xénero, aceptación persoal e dos demáis, empatía e convivencia
martes, 3 de marzo de 2026
Demetrio Demoscopio perdeu a chispa
Este mes no club de lectura...
Coñecimos a Demetrio Demoscopio, o inquilino dun edificio de cinco andares no que viven Afonsa Sosón, as irmás Carmelina e Laudina Flan, o mago Ciro e André, o único neno do edificio. André intenta axudar ao seu amigo o señor Demetrio, xa que unha noite perdeu a sua chispa, aínda que esto implique atravesar as follas dun libro máxico e aparecer na urbanización onde viven os personaxes dos contos cando ninguén os le.
A actividade que realizamos consistiu na reconstrucción da historia de Demetrio. Formamos tres equipos; cada un deles dispón dun sobre que contén doce fragmentos do libro, un por capítulo. A misión de cada equipo é colocar por orde eses fragmentos do conto cronolóxicamente, de maneira que conseguise reconstruir a historia completa.
Posteriormente fixemos unha posta en común para comprobar que todos tiñamos a historia ordeada correctamente e limos
Por último, no mes de marzo, dado que o día 21 se conmemora o Día da Poesía, leremos o seguinte libro:
Autor: Jorge de Cascante
Ilustradora: Marta Altés
Editorial: Blackie Books
Ano de publicación: 2017
ISBN: 9788417059217
Temas: poesía, amor polos animais, valores, emocións, vida cotiá, humor e reflexión.
lunes, 2 de febrero de 2026
Olga viaja al espacio exterior (o no)
Este mes no club de lectura...
Continuamos lendo sobre as aventuras de Olga, a cal quere, esta vez, viaxar ao espacio exterior, de onde está convencida que procede a súa mascota Meh.
Para iso comeza a prepararse para ser astronauta pero nos últimos días Meh compórtase dunha maneira extraña, que lle ocorrerá?
A actividade que realizamos consistiu en elaborar a nosa propia mascota imaxinaria con diversos materiais, dándolle un nome científico e posteriormente cubrindo a súa ficha no noso caderno científico e facendo as observacións necesarias desta nova especie.
Por último, presentamos o libro que imos ler durante o mes de febreiro:
Autor: Berta Dávila
Ilustradora: Xiana Teimoy
Editorial: Xerais
Ano de publicación: 2022
ISBN: 9788411100618
Temas: amizade e coidado polos demáis, aventura e exploración fantástica, reflexión sobre a vellez e a vitalidade.





















































