Este mes no club de lectura traballamos cunha convidada moi especial... Escarlatina, a cociñeira defunta! Con ela aprendimos un montón de receitas de cociña monstruosas e soupemos un pouquiño máis sobre a súa historia.
A primeira actividade que realizamos consistiu en analizar as ilustracións do libro para facer un recordatorio do conto: de que pasaxe da historia se trataba, que ocorría nese momento, que personaxes estaban implicados, cal era o conflito que tiñan...
A segunda actividade consistiu unha competición por equipos na que cada un dispoñía de 10 tarxetas con palabras que aparecen no libro das que descoñecemos o significado e unha folla de respostas. Tratábase de investigar, coa axuda dos ordenadores, o significado destas palabras pouco comúns e incluir novo repertorio ao noso vocabulario.
Por último, presentamos o libro que imos ler durante o mes de novembro con motivo do Samaín:
Julia y los Mortimort
Autor: Raquel Díaz Reguera
Ilustradora: Raquel Díaz Reguera
Editorial: Montena
Ano de publicación: 2023
ISBN: 9788419650115
Temas: importancia da aceptación familiar, aventuras, identidade, crecemento e amizade















