Este mes no club de lectura...
Coñecimos aos Mortimort, a familia de Julia! Todas as familias son diferentes, pero a sua familia é demasiado especial... son vampiros, zombis, nenos lobo e fantasmas!
Ata fai pouco, ela pensaba que era a única humana normal da familia pero un día no cole aconteceu algo que o cambiou todo: fixo voar unha caca telepáticamente e estampouna contra a cara da sua archienemiga!
Sí, ter poderes soa xenial, pero hai un gran problema... agora as bruxas búscana para quedarse coa sua maxia!
Nesta familia o pai é un zombi, a nai unha vampira, a avoa un ogro, a irmá tamén zombi e o irmán un neno lobo, pero... Julia é realmente humana?
Este libro móstranos o diferentes que poden chegar a ser as familias, non só no libro senón na vida real.
A actividade que realizamos consistiu nun Kahoot (actividade interactiva), que empregamos para facer un concurso para comprobar quen recordaba máis sobre o contido desta historia. O test constaba de 15 preguntas con 4 alternativas de resposta e un minuto de tempo para respostar cada pregunta a cal tiñamos que colorear na nosa folla de respostas. Primeiro respondimos todas as preguntas e finalmente corriximos os resultados para puntuarnos a nós mesmos.
A nosa biblioteca aínda segue en construción, polo que queremos agradecer aos nenos/as o adaptables que están sendo á hora de organizarse nos espazos desta e na sua boa actitude e disposición para axudar nela.
Por último, presentamos o libro que imos ler durante o mes de novembro con motivo do Samaín:
A señorita Bubble: Baixo cero
Autor: Ledicia Costas
Ilustrador: Andrés Meixide
Editorial: Xerais
Ano de publicación: 2020
ISBN: 9788491217633
Temas: crítica social, coidado do medio ambiente, abusos laborais, dereitos dos traballadores




