lunes, 2 de febrero de 2026

Olga viaja al espacio exterior (o no)

Este mes no club de lectura...

Continuamos lendo sobre as aventuras de Olga, a cal quere, esta vez, viaxar ao espacio exterior, de onde está convencida que procede a súa mascota Meh. 

Para iso comeza a prepararse para ser astronauta pero nos últimos días Meh compórtase dunha maneira extraña, que lle ocorrerá?



   

A actividade que realizamos consistiu en elaborar a nosa propia mascota imaxinaria con diversos materiais, dándolle un nome científico e posteriormente cubrindo a súa ficha no noso caderno científico e facendo as observacións necesarias desta nova especie. 





Por último, presentamos o libro que imos ler durante o mes de febreiro:


Demetrio Demoscopio perdeu a chispa

Autor: Berta Dávila

Ilustradora: Xiana Teimoy

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2022

ISBN: 9788411100618

Temas: amizade e coidado polos demáis, aventura e exploración fantástica, reflexión sobre a vellez e a vitalidade.



jueves, 15 de enero de 2026

A señorita Bubble: Baixo cero

Este mes no club de lectura...

Continuamos lendo sobre as aventuras da señorita Bubble, a cal ocorre esta vez en Rovaniemi, unha preciosa vila de Laponia. 

Os problemas non tardan en petarlle na porta. Unha familia de pingüíns precisa da súa axuda con urxencia. Non son os únicos: os elfos da fábrica de xoguetes están vivindo unha situación desesperada: Papá Noel pasou ao lado escuro.


A actividade que realizamos tratábase dun Genially (actividade interactiva), que empregamos para analizar aspectos do libro: primeiro fixemos unha contextualización falando sobre o libro anterior (límolo no club o curso pasado), coñecimos un pouco máis sobre a autora e o ilustrador a través dalgunhas entrevistas, escoitamos algunhas recensións doutros alumnos/as e, finalmente, fumos analizando capítulo a capítulo o libro respondendo preguntas sobre os feitos que acontecen en cada un.

Finalmente, ao igual que fixeron os elfos no libro cando se puxeron en folga, redactamos un documento para reclamar os nosos dereitos.





Por último, presentamos o libro que imos ler durante o mes de xaneiro:

Olga viaja al espacio exterior (o no)


Autor: Elise Gravel

Ilustrador: Elise Gravel

Editorial: Blackie Books

Ano de publicación: 2019

ISBN: 9788418733963

Temas: amizade, aventura, exploración, ciencia, diferencia, crítica social.