miércoles, 6 de mayo de 2026

Travesía Unicornio

Este mes no club de lectura...

A nosa lectura foi "Travesía Unicornio", unha peza tetral que narra a historia dun neno e o seu unicornio, os cales atopan unha xenia que lles promete cumplir os seus desexos.

A actividade que realizamos consistiu en meternos no papel destes personaxes para interpretar fragmentos do texto. Velaquí o resultado das nosas interpretacións e o ben que o pasamos!







Ademais, este mes tivemos a visita da escritora Inma Soto para falarnos sobre os seus contos sobre "Xela". Con ela falamos sobre moitas cousas interesantes, contounos o seu conto e incluso puidemos facerlle unha entrevista na radio escolar.







Por último, no mes de maio, leremos o seguinte libro:


Dona Problemas

Autor: El Hematocrítico

Ilustradora: Paco Roca

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2022

ISBN: 9788469885963

Temas: resolución de conflitos, acoso escolar, convivencia, amizade, solidaridade e intelixencia emocional