Estes días está moi de moda o concurso televisivo "Pasapalabra"
Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca deseñamos este rosco sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.
ATREVEDESVOS A COMPLETALO?
Estes días está moi de moda o concurso televisivo "Pasapalabra"
Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca deseñamos este rosco sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.
ATREVEDESVOS A COMPLETALO?
Mirade que xogos máis chulos fixeron os nen@s de 1º e de 2º sobre Rosalia de Castro, para xogar cos robots da biblioteca.
O próximo mércores é 24 de febreiro.
É o DÍA DE ROSALÍA.
Por ese motivo esta semana no colexio vamos celebrar a ...
SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO
Na seguinte presentación tedes distintos recursos para saber máis sobre a mellor escritora galega de todos os tempos.
Esta é a WEBQUEST que elaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, para que descubrades a importancia que tivo a figura de Rosalía de Castro na nosa literatura.
Co motivo da celebración do ENTROIDO, Titeres Cachirulo queren invitarvos a ver o seu espectáculo "As Xeneralas da Ulla".
Está baseado en como se celebra o carnaval nos nove concellos da Comarca da Ulla e inclúe unha pequena mostra de personaxes do entroido de máis de vinte lugares de Galicia.
Esta gravación realizouse durante a crise sanitaria da COVID-19, polo que non puidemos contar con público, que é o que lle da vida e sentido a unha obra como esta.
Podedes ver o espectáculo completo picando aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=nYILGxnWudE
A obra tamén dispón duns xoguetes de papel que o público pode descargar gratis na nosa web www.titerescachirulo.com
Como non, este ano no noso cole tamén celebramos o Entroido.
Vimos tod@s ataviados cos nosos traxes de peregrinos.
Listos para facer o Camiño do Mar!!!
Mirade o vídeo de abaixo coas fotos de todas as clases.
O pasamos xenial!!!
Hoxe é 11 de febreiro e conmemoramos o
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
EXPOSICIÓN DE XOGUETES CON MATERIAL RECICLADO
No de mes de decembro, con motivo da celebración do NADAL, propusímosvos a elaboración de xoguetes con material reciclado.
Este é o resultado.