Ola chic@s!
Son Biblioreta.
Deséxovos un feliz verán cheo de lecturas divertidas.Aquí tedes a miñas recomendacións para este verán.
Ola chic@s!
Son Biblioreta.
Deséxovos un feliz verán cheo de lecturas divertidas.Aquí tedes a miñas recomendacións para este verán.
O último día deste curso visitounos o super mago viveirense KIKO CARROLO.
Os nenos e nenas do cole escenifican o Camiño do Mar ata Compostela a través do conto do pingüín Valentín. Pero antes explícannos as etapas do Camiño do Mar coa axuda de 3 peregrinos ven equipados (Gabriel de 6ºB, Aitana de 2ºB e Ángel futuro alumno de 1º)
A ver si recoñecedes a todos os personaxes do conto!
Os alumnos do 1º ciclo levaron a cabo unha unidade didactica de Educación Vial en EF no terceiro trimestre.
Completaron a actividade terminando o super taboleiro, que nos quedo pendente pola pandemia o curso pasado, de Educación Vial, para xogar cos nosos Escornabots.
Crearon a súa propia cidade, con edificios, beirarruas, sinais...
Como podedes ver no seguinte vídeo o pasaron XENIAL!
Os alumnos/as de 6º do cole, estiveron na nosa bilioteca, aprendendo a facer deseños para imprimir na nosa impresora 3D.
Iniciáronse no manexo do programa de deseño 3D Tinkercad, deseñando os peixes vermellos que sinalizan o Camiño do Mar (PDI do centro).
Tamén fixeron chaveiros de minipeixes vermellos e de frechas amarelas que sinalizan o camiño.
Nas seguintes fotos o podedes ver que ben o fixeron!!!
Os alumnos/as do CEP Lois Tobío fixeron distintos traballos para promocionar o Camiño do Mar.
Os nenos/as do 1º ciclo deseñaron pegatinas. Despois imprimíronse 1.000 unidades.
Os nenos/as do 2º ciclo deseñaron carteis en formato A3, dos que se imprimiron 500 unidades.
Os nenos/as do 3º ciclo deseñaron un tríptico con codigos QR, dos que se imprimiros 500 unidades.
Estes traballos se repartiron por distintos lugares do noso municipio, Viveiro, en tendas, bares, restaurantes, hoteis, supermercados... para promocionar e dar a coñecer esta variante do Camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade, Viveiro.
Coa axuda de todas as clases do cole elaboramos un mapa xigante do Camiño do Mar, onde indicamos os lugares máis importantes do camiño.
Mirade nas fotos que chulo quedou!!!
O venres pasado visitounos Pablo Rodríguez Méndez, membro do corpo técnico do Villarreal C.F., que acaban de ganar o UEFA EURA LEAGE.
Tamén nos acompañou na visita María Carmen Gueimunde González, Xefa Territorial de Educación de Lugo.
Foi unha visita moi interesante, na que aprendimos moito cousas, coas respostas de Pablo as nosas preguntas.
Aquí podees ver algunha foto desta visita.
O pasamos xenial!!!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA.
O pasado xoves, tres de xuño, os alumn@s de 3º e 4º desfrutaron dunha actuación en streaming por parte de "A Xanela do Maxín".
Representaron "A Viaxe de Saira". Aquí tedes o enlace para descargar o libro dixital por se queredes lelo.
Os nen@s do primeiro ciclo traballarón os Maios con Naturizo.
No seguinte vídeo podedes ver o seu traballo.
Os nen@s de segundo prepararon unha sesión de contos no horto escolar.
Con entradas, acomodadores... Parecía o teatro Pastor Díaz.
A sesión acudiron os nen@s de primeiro. Encantoulles!!!
Debaixo tedes o vídeo da sesión para que tod@s podamos desfrutar dela.