lunes, 15 de diciembre de 2025

Julia y los Mortimort - Una niña poco muerta

Este mes no club de lectura...

Coñecimos aos Mortimort, a familia de Julia! Todas as familias son diferentes, pero a sua familia é demasiado especial... son vampiros, zombis, nenos lobo e fantasmas!

Ata fai pouco, ela pensaba que era a única humana normal da familia pero un día no cole aconteceu algo que o cambiou todo: fixo voar unha caca telepáticamente e estampouna contra a cara da sua archienemiga!

Sí, ter poderes soa xenial, pero hai un gran problema... agora as bruxas búscana para quedarse coa sua maxia!

Nesta familia o pai é un zombi, a nai unha vampira, a avoa un ogro, a irmá tamén zombi e o irmán un neno lobo, pero... Julia é realmente humana?

Este libro móstranos o diferentes que poden chegar a ser as familias, non só no libro senón na vida real.



A actividade que realizamos consistiu nun Kahoot (actividade interactiva), que empregamos para facer un concurso para comprobar quen recordaba máis sobre o contido desta historia. O test constaba de 15 preguntas con 4 alternativas de resposta e un minuto de tempo para respostar cada pregunta a cal tiñamos que colorear na nosa folla de respostas. Primeiro respondimos todas as preguntas e finalmente corriximos os resultados para puntuarnos a nós mesmos.





A nosa biblioteca aínda segue en construción, polo que queremos agradecer aos nenos/as o adaptables que están sendo á hora de organizarse nos espazos desta e na sua boa actitude e disposición para axudar nela.

Por último, presentamos o libro que imos ler durante o mes de novembro con motivo do Samaín:


A señorita Bubble: Baixo cero


Autor: Ledicia Costas

Ilustrador: Andrés Meixide

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2020

ISBN: 9788491217633

Temas: crítica social, coidado do medio ambiente, abusos laborais, dereitos dos traballadores


jueves, 13 de noviembre de 2025

Escarlatina a cociñeira defunta

Este mes no club de lectura traballamos cunha convidada moi especial... Escarlatina, a cociñeira defunta! Con ela aprendimos un montón de receitas de cociña monstruosas e soupemos un pouquiño máis sobre a súa historia.


A primeira actividade que realizamos consistiu en analizar as ilustracións do libro para facer un recordatorio do conto: de que pasaxe da historia se trataba, que ocorría nese momento, que personaxes estaban implicados, cal era o conflito que tiñan... 

A segunda actividade consistiu unha competición por equipos na que cada un dispoñía de 10 tarxetas con palabras que aparecen no libro das que descoñecemos o significado e unha folla de respostas. Tratábase de investigar, coa axuda dos ordenadores, o significado destas palabras pouco comúns e incluir novo repertorio ao noso vocabulario.











 



Por último, presentamos o libro que imos ler durante o mes de novembro con motivo do Samaín:



Julia y los Mortimort


Autor: Raquel Díaz Reguera

Ilustradora: Raquel Díaz Reguera

Editorial: Montena

Ano de publicación: 2023

ISBN: 9788419650115

Temas: importancia da aceptación familiar, aventuras, identidade, crecemento e amizade





jueves, 8 de mayo de 2025

Versos de buenas noches

Este mes no club fixemos unha lectura nocturna dos "Versos de buenas noches" de Benjamín Prado, Rayden, Patricia Benito, Zahara, Defreds, Loreto Sesma, Miguel Gane, Irene G Punto, Luna Miguel, Iago de la Campa e María Leach! Empregamos unha lanterna para ler poemas aos nosos compañeiros e fixemos diversas actividades de mindfullness, relaxación e respiración consciente. Aquí tedes a proba:















O próximo libro de 12 biografías de mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes:




Pioneiras

Autor: Anaír Rodríguez

Ilustracións: Nuria Díaz

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2018

ISBN: 9788491213109

Temas: igualdade.


martes, 1 de abril de 2025

A señorita Bubble

Este mes no club de lectura...

"A señorita Bubble" de Ledicia Costas! No cal profundizamos e fixemos posta en común a través aun Genially!





Xa que o pasado 21 de marzo celebramos o día da poesía, o libro recomendado para este mes será un recopilatorio de poemas dos mais destacados representantes da nova onda poética:


Versos de buenas noches

Autor: Benjamín Prado, Rayden, Patricia Benito, Zahara, Defreds, Loreto Sesma, Miguel Gane, Irene G Punto, Luna Miguel, Iago de la Campa e María Leach

Ilustracións: María Cabañas, María Hesse, Lady Desidia e Elena Pancorbo

Editorial: Destino

Ano de publicación: 2018

ISBN: 9788408196150

Temas: a paz, os soños, o descanso, a esperanza, o amor e a gratitude.


jueves, 6 de marzo de 2025

Max Burbuja: dejadme en paz

Antes de irnos a celebrar o Entroido tivemos unha nova sesión do club de lectura!

Xa que facía unha boa tarde, aproveitamos para estrear as novas mesas de madeira do patio e ler ao aire libre o libro recomendado deste mes, "Max Burbuja: dejadme en paz" de El Hematocrítico.





Aproveitamos para practicar a entoación e a interpretación do texto, e a verdade é que se nos deu xenial! 





  


Finalmente presentamos o libro que imos ler no mes de febreiro:



A señorita Bubble

Autor: Ledicia Costas

Ilustracións: Andrés Meixide

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2017

ISBN: 9788491217930 

Temas: empatia, tolerancia, xustiza, educación para a convivencia, respeto á diversidade.


ATA O MES QUE VÉN COMPAÑEIROS!

viernes, 7 de febrero de 2025

Olga y la extraña criatura sin nombre

Este mércores no club de lectura...

O libro que limos este mes, "Olga y la extraña criatura" de Elise Gravel, traballámolo a través de actividades interactivas na aplicación Wordwall: realizamos un cuestionario, unha actividade de relacionar e conseguimos ganar os retos propostos nunha ruleta!




Despois, e xa que a Olga lle encantan tanto os animais, coloreamos algúns deles para poder despois velos en 3D nas tablets coa aplicación Quiver e alucinamos co resultado!





Ademáis, esta semana tivemos unha visita moi especial, Andrea Maceiras, a autora do libro que limos no club "Alma de elefante" visitounos para falarnos sobre os seus libros e a sua experiencia como escritora. Pasamos unha mañá moi agradable charlando con ela e incluso se prestou a asinar os nosos exemplares! Moitas gracias Andrea!
    






Finalmente presentamos o libro que imos ler no mes de febreiro:



Max Burbuja: dejadme en paz

Autor: El Hematocrítico

Ilustracións: Santy Gutiérrez

Editorial: B de Block

Ano de publicación: 2021

ISBN: 9788417921873 

Temas: aventuras e humor.


ATA O MES QUE VÉN COMPAÑEIROS!

viernes, 10 de enero de 2025

Lotta

Na última sesión do club previa ao Nadal, os nosos/as lectores/as divertíronse xogando a unha versión do Time's Up adaptada ao libro que limos este mes ("Lotta" de Astrid Lindgren). A actividade consistían nun xogo de cartas para adivinar personaxes e obxectos que aparecen no libro en 30 segundos describindo, facendo xestos ou cunha sola palabra!  






Ademáis fixeron unhas recensións e debuxos marabillosos!
    





Finalmente presentamos o libro que imos ler no mes de xaneiro:




Olga y la extraña criatura sin nombre

Autora e ilustradora: Elise Gravel

Editorial: Blackie Books

Ano de publicación: 2021

ISBN:9788418733116 

Temas: importancia da ciencia, amor polos animais, a curiosidade e a diversión que hai trala investigación e o coñecemento e a importancia da empatía e da amizade


ATA O MES QUE VÉN COMPAÑEIROS!