Este mércores no club de lectura...
O libro que limos este mes, "Olga y la extraña criatura" de Elise Gravel, traballámolo a través de actividades interactivas na aplicación Wordwall: realizamos un cuestionario, unha actividade de relacionar e conseguimos ganar os retos propostos nunha ruleta!
Despois, e xa que a Olga lle encantan tanto os animais, coloreamos algúns deles para poder despois velos en 3D nas tablets coa aplicación Quiver e alucinamos co resultado!
Ademáis, esta semana tivemos unha visita moi especial, Andrea Maceiras, a autora do libro que limos no club "Alma de elefante" visitounos para falarnos sobre os seus libros e a sua experiencia como escritora. Pasamos unha mañá moi agradable charlando con ela e incluso se prestou a asinar os nosos exemplares! Moitas gracias Andrea!
Finalmente presentamos o libro que imos ler no mes de febreiro:
Max Burbuja: dejadme en paz
Autor: El Hematocrítico
Ilustracións: Santy Gutiérrez
Editorial: B de Block
Ano de publicación: 2021
ISBN: 9788417921873
Temas: aventuras e humor.
ATA O MES QUE VÉN COMPAÑEIROS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario