viernes, 7 de febrero de 2025

Olga y la extraña criatura sin nombre

Este mércores no club de lectura...

O libro que limos este mes, "Olga y la extraña criatura" de Elise Gravel, traballámolo a través de actividades interactivas na aplicación Wordwall: realizamos un cuestionario, unha actividade de relacionar e conseguimos ganar os retos propostos nunha ruleta!




Despois, e xa que a Olga lle encantan tanto os animais, coloreamos algúns deles para poder despois velos en 3D nas tablets coa aplicación Quiver e alucinamos co resultado!





Ademáis, esta semana tivemos unha visita moi especial, Andrea Maceiras, a autora do libro que limos no club "Alma de elefante" visitounos para falarnos sobre os seus libros e a sua experiencia como escritora. Pasamos unha mañá moi agradable charlando con ela e incluso se prestou a asinar os nosos exemplares! Moitas gracias Andrea!
    






Finalmente presentamos o libro que imos ler no mes de febreiro:



Max Burbuja: dejadme en paz

Autor: El Hematocrítico

Ilustracións: Santy Gutiérrez

Editorial: B de Block

Ano de publicación: 2021

ISBN: 9788417921873 

Temas: aventuras e humor.


ATA O MES QUE VÉN COMPAÑEIROS!