jueves, 22 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Mañá e 24 de outubro.

É o Día das Bibliotecas.

Para celebrar ese fantástico día temos un bonito agasallo para tod@s vosotr@s.

Uns divertidos consellos a cargo de  "Toupiconsellos"

Que risa!!!



E un entretenido concerto de PAPABUIS (Luis Vallecillo)

Espectacular!!!



Desfrutade do espectáculo!!!



Felicitamos nesta data tan especial a nosa mascota.... Biblioreta!!!!





MODELOS DE MARCAPÁXINAS 24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

 Ola chic@s!!!

Mañá sábado é 24 de outubro e celebramos o Día da Biblioteca.

Aquí tedes uns modelos de marcapáxinas para colorear co motivo desta celebración.

Espero que vos gusten.





domingo, 18 de octubre de 2020

19 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS 2020


O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España. Dende 2016 búscase reinvindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

 







 
Alumnos de segundo, homenaxean á escritora Alba De Evan neste día.
 



A data elixida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesus, o 15 de outubro. Este ano é o luns 19 de outubro baixo o lema

"O esforzo cotián das mulleres"

Para conmemorar este día compartimos con vos unha recompilación de fragmentos de escritoras galegas, recollidas pola Asesoría de Bibliotecas de Galicia, para que poidades lerlos e daros conta da importancia deste día. 

(Preme na imaxe para podelos ler)

viernes, 9 de octubre de 2020

AS MOCHILAS VIAXEIRAS SAEN DE NOVO HACÍA AS NOSAS CASAS

Despois deste comezo de curso tan especial, esta semana tamén comenzo a funcionar a nosa biblioteca.

Se o luns comezaron de novo os préstamos de fondos na biblioteca, hoxe volven a viaxar as nosas casas as "MOCHILAS VIAXEIRAS"

Como en anos anteriores as "mochilas viaxeiras" van chegar a cada casa cargadas de materiales para compartir en familia.

Estas viaxarán as nosas casas durante 13 días. Despois volveran ao cole de novo, onde estarán en corentena 48 horas. Pasado este tempo viaxarán a outra casa.

Desfrutade delas!!!

lunes, 5 de octubre de 2020

COMEZO DO PRESTAMO DE FONDOS. CURSO 2020 / 2021

Hoxe comezamos co préstamo de fondos da nosa biblioeca.

Recordade o novo protocolo de funcionamento da Biblioteca para este curso. Debaixo tedes a presentación coas novas normas por se as queredes volver a ver.

O bo funcionamento da biblioteca e labor de tod@s.

Gracias pola vosa colaboración.

martes, 29 de septiembre de 2020

NORMAS COVID-19 NA BIBLIOTECA

Boas chic@s!!!

Aquí tedes as normas de uso da biblioteca para este curso.




Se cumpres as normas, protexes a todos.


 

PRESENTACIÓN E NOVO PROTOCOLO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2020 /2021

 Ola chic@s!!!

A semana que ven comeza de novo os prestamos de fondos na nosa biblioteca.

Pero debido ao Covid-19, este ano hai algún cambio importante no funcionamento da biblio.

Estar moi atentos a seguinte presentación, e aos vídeos explicativos dos nen@s de 6º, para facer un uso axeitado dela. 



Vémonos na biblio!!!