miércoles, 12 de mayo de 2021

A CIDADE DAS LETRAS GALEGAS

 Os alumn@s do 2 ciclo elaboraron a Cidade das Letras Galegas a entrada da nosa biblioteca.

Que cidade tan chula!!!

martes, 11 de mayo de 2021

DESCUBRINDO A XELA ARIAS

 O 28 de abril celebramos o Día da EF na rúa 2021 cun xogo de pistas sobre Xela Arias, autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.

Na seguinte presentación podedes ver a actividade.

jueves, 6 de mayo de 2021

"De Minguante a Crecente" - poesía para os máis pequenos

 Queridas nenos e nenas,


Un grupo de oito mulleres de seis comunidades diferentes, entre as que está Carmen Domech, están levando a cabo un proxecto para difundir a poesía entre os máis pequenos.

E queren compartilo con vós:




lunes, 26 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO: LA EXTRAÑA VISITA

Os alumnos e alumnas de 3ºA do CEP Lois Tobío, representaron o conto "La extraña visita", con motivo da celebración o día 23 de abril do Día do Libro.

Mirade que chulo:


Esta semana, van facer unha videoconferencia cun grupo de nenos e nanas da EEI San Roque, aos que van a ensinar o conto que representaron.

Seguro que lles encanta!

jueves, 22 de abril de 2021

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO 2021

 Os alumn@s do CEP Lois Tobío, co motivo da conmemoración do Día do Libro, recomendan libros que lles gustan, e que poden acompañar aos peregrinos na súa longa viaxe a Santiago.


Ademais para conmemorar esta data, as madriñas e os padriños lectores  do CEP Lois Tobío, elaboraron agasallos para os seus afillad@s lectores.

Así mesmo os afillad@s fixeron uns bonitos detalles para as súas madriñas e os seus padriños.

Na seguinte presentación podedes velo todo.


Tamén inclúe un apartado con distintos recursos: vídeos, xogos, audio-contos...para aprender más deste día dun xeito divertido.

lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA 2021 - POEMAS NAS VENTÁS

O domingo 21 de marzo foi o DÍA DA POESÍA.

Algúns nen@s do CEP Lois Tobío, escribiron os seus propios pareados, para conmemorar esta sinalada data.

Despois os escribiron nas ventás das súas aulas, cuns rotuladores especiais.

Mirade que chulo!!!







Tamén distintas aulas visionaron os vídeos de recitados de poemas de Rosalía que fixeron os nenos de 3º e 4º.

https://tobiobiblio.blogspot.com/2021/03/rosalia-no-camino.html

lunes, 15 de marzo de 2021

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Con motivo da conmemoración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller, as distintas clases do noso colexio chearon as súas mochilas de mensaxes que dan vida.
Na seguinte presentación podedes ver algún vídeo da actividade.