jueves, 30 de septiembre de 2021

PRESENTACIÓN E PROTOCOLO DA BIBLIOTECA

 Ola chic@s

A semana que ven ponse de novo en funcionamento a nosa biblioteca, co inicio do préstamo de libros.

Debaixo tedes unha presentación para recordar as normas e protocolo da Biblioteca para este curso.



Vémonos na biblio!!!

martes, 29 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE BIBLIORETA PARA ESTE VERÁN

 Ola chic@s!

Son Biblioreta. 

Deséxovos un feliz verán cheo de lecturas divertidas.

Aquí tedes a miñas recomendacións para este verán.



O CHALANO 2021

Que mellor xeito de rematar o curso que publicando o noso xornal:



Esperamos que vos guste.

O SUPER MAGO KIKO CARROLO

O último día deste curso visitounos o super mago viveirense KIKO CARROLO.


No seguinte vídeo podedes ver fotos desta actividade.


O pasamos pipa cos seus trucos de maxia!!!




BO CAMIÑO VALENTIÑO!

 Os nenos e nenas do cole escenifican o Camiño do Mar ata Compostela a través do conto do pingüín Valentín. Pero antes explícannos as etapas do Camiño do Mar coa axuda de 3 peregrinos ven equipados (Gabriel de 6ºB, Aitana de 2ºB e Ángel futuro alumno de 1º) 

A ver si recoñecedes a todos os personaxes do conto!



domingo, 27 de junio de 2021

A NOSA CIDADE

Os alumnos do 1º ciclo levaron a cabo unha unidade didactica de Educación Vial en EF no terceiro trimestre.

Completaron a actividade terminando o super taboleiro, que nos quedo pendente pola pandemia o curso pasado, de Educación Vial, para xogar cos nosos Escornabots. 

Crearon a súa propia cidade, con edificios, beirarruas, sinais...

Como podedes ver no seguinte vídeo o pasaron XENIAL!



viernes, 25 de junio de 2021

OBRADOIRO IMPRESIÓN 3D

 Os alumnos/as de 6º do cole, estiveron na nosa bilioteca, aprendendo a facer deseños para imprimir na nosa impresora 3D.  

Iniciáronse no manexo do programa de deseño 3D Tinkercad, deseñando os peixes vermellos que sinalizan o Camiño do Mar (PDI do centro).

Tamén fixeron chaveiros de minipeixes vermellos e de frechas amarelas que sinalizan o camiño.

Nas seguintes fotos o podedes ver que ben o fixeron!!!