Boas chic@s!!!
Chega o final deste curso e dende a biblioteca queremos saber a vosa opinión sobre o seu funcionamento.
A continuación tedes unha breve enquisa:
ENQUISA VALORACIÓN DA BIBLIOTECA
Moitas grazas.
Boas chic@s!!!
Chega o final deste curso e dende a biblioteca queremos saber a vosa opinión sobre o seu funcionamento.
A continuación tedes unha breve enquisa:
ENQUISA VALORACIÓN DA BIBLIOTECA
Moitas grazas.
Mañá, o alumnado de 1º e 2º participará nos Maios que se propoñen dende o Concello e cantará coplas dos nosos maios coma estas...
Un ano máis a nosa biblioteca participa na exposición anual da Microrrede da Mariña, que este ano leva por título:
“A VOLTA COAS PALABRAS”
Pincha na imaxe para ver o programa
O noso centro participa nesta exposición cun cadro titulado:
“AS VERBAS TRAEN LEMBRANZAS”
Este cadro é un resumo da exposición que fixemos no colexio, coas cámaras que decorastes, e que recollen os códigos QR cos vídeos que gravastes aos vosos maiores, onde nos contan que palabras lles traen recordos da súa nenez e porque.
A pasada semana, o alumnado de segundo tivo a sorte de poder asistir no cole a "Toupiciencia", unha actividade na que unha pequena toupa e o seu axudante lle axudaba cos experimentos.
A actividade pretende promover a investigación e experimentación na infancia.
O alumnado de 3ºB explicou aos cursos inferiores moitas das cousas que sabían sobre o reino das plantas. Velaquí o vídeo!
Seguimos a traballar co profesorado e alumnado de diferentes niveis dende o noso apartado de Biblioteca Creativa. Desta volta tocoulle ao alumnado de 3ºB, que fixo unha fenomenal exposición do tema que están a estudar na materia de Ciencias Naturais: Os animais.