miércoles, 19 de octubre de 2022

GANADOR DO CONCURSO DE MASCOTA PARA O PDI "AS PARA CREAR"

O debuxo selecionada polo alumnado de 5º e 6º de EP, para ser a mascota do Proxecto Documental Integrado deste curso "AS PARA CREAR", foi o seguinte: 


A autora do debuxo é:

AITANA LÓPEZ DÍAZ de 4ºA

Noraboa Aitana!!!

lunes, 17 de octubre de 2022

jueves, 9 de junio de 2022

ENQUISA VALORACIÓN DA BIBLIOTECA

 Boas chic@s!!!

Chega o final deste curso e dende a biblioteca queremos saber a vosa opinión sobre o seu funcionamento.

A continuación tedes unha breve enquisa:

ENQUISA VALORACIÓN DA BIBLIOTECA

Moitas grazas. 

jueves, 2 de junio de 2022

As cámaras do alumnado no colexio

Deixamos aquí tamén a ligazón a web do centro onde colgamos un pequeno vídeo que mostra as cámaras que fixemos alumnado e familias para a Microrrede e para o propio centro co gallo das Letras Galegas.

Podedes velo premendo AQUÍ.

jueves, 26 de mayo de 2022

Os Maios

Mañá, o alumnado de 1º e 2º participará nos Maios que se propoñen dende o Concello e cantará coplas dos nosos maios coma estas...



domingo, 8 de mayo de 2022

EXPOSICIÓN MICRORREDE DA MARIÑA 2022: "As verbas traen lembranzas"

Un ano máis a nosa biblioteca participa na exposición anual da Microrrede da Mariña, que este ano leva por título: 

“A VOLTA COAS PALABRAS”

Pincha na imaxe para ver o programa

 O noso centro participa nesta exposición cun cadro titulado:

“AS VERBAS TRAEN LEMBRANZAS”

Este cadro é un resumo da exposición que fixemos no colexio, coas cámaras que decorastes, e que recollen os códigos QR cos vídeos que gravastes aos vosos maiores, onde nos contan que palabras lles traen recordos da súa nenez e porque.  








Con todos os códigos QR elaboramos os seguintes negativos: 



Que están colocados no cadro que temos exposto na exposición.


Xa podedes ir a velo, e atopar o voso código!!!

martes, 26 de abril de 2022

Toupiciencia

A pasada semana, o alumnado de segundo tivo a sorte de poder asistir no cole a "Toupiciencia", unha actividade na que unha pequena toupa e o seu axudante lle axudaba cos experimentos.

A actividade pretende promover a investigación e experimentación na infancia.