viernes, 4 de diciembre de 2020

EXPOSICIÓN DE XOGUETES CO MATERIAL RECICLADO

 

Ola a tod@s!!!

Estamos rematando o primeiro trimestre e xa nos quedan poucos días para as vacacións do Nadal.

Dende a biblioteca, con motivo da celebración do Nadal, queremos facer unha exposición de XOGUETES FEITOS CON MATERIAL RECICLADO.

Durante o confinamento do pasado curso, un dos desafíos de EF, consistía en facer un xoguete con este tipo de material. Fixéchedes cousas MOI CHULAS!!!

Se aínda tedes eses xoguetes gustaríanos facer unha exposición con eles.

Ou se queredes podedes facer outros.

Abaixo tedes un vídeo dese desafío para que o recordedes e por se vos da ideas para facer algún.


Animo chic@s!!!

Esperamos os vosos xoguetes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario