Que é o Caderno Verde?
Caderno Verde é un dos múltiples proxectos que dedica Sogama á divulgación da conciencia ecolóxica.
O Caderno Verde suma novos recursos á longa traxectoria de actuacións educativas de Sogama. Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo son ‘Os amigos de Vilaverde’ que nos acompañan nunha nova aventura de aprendizaxe ambiental. As actividades propostas queren xungir as boas prácticas medioambientais co ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade. Cada ficha dos amigos de Vilaverde está pensada como material de axuda para as aulas do primeiro ciclo de primaria e abranguerán as grandes áreas de coñecemento desta etapa educativa. Ademais, o Caderno Verde inclúe os eco-contos da familia Trebón, destinados á etapa da Educación Infantil, así como diversas actividades en liña e descargables. O Caderno Verde conta coa colaboración de Botóns – Portal Galego de Educación.
Pincha na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario