lunes, 13 de noviembre de 2023

Arrancamos!

O pasado mércores 25 de outubro iniciou a súa andaina o club de lectura de 4º, 5º e 6º de Primaria neste curso 2023/2024 baixo o pseudónimo “LE CON BIBLIORETA”.

Esta é unha actividade voluntaria para fomentar o hábito da lectura nun ambiente diferente á aula. Ao mesmo tempo é un espazo de inclusión e socialización.


Nesta primeira sesión fixemos unha pequena asemblea para coñecernos, comentar o que esperamos de este club, coñecer as nosas preferencias lectoras, cales son os nosos libros favoritos, onde adoitamos ler, cando o facemos… Ademáis, establecemos, de forma consensuada, as normas e compromisos que asumimos coa nosa participación no club.


Entregamos a cada un dos participantes un carnet lector que iremos enchendo a medida que fagamos as lecturas e un rexistro de lectura que cubriremos con información relativa ao libro lido nese mes e unha recensión do que nos pareceu.  






Ademáis, dispoñemos dun buzón do club de lectura no que os nen@s poden deixar as súas suxerencias sobre libros recomendados, as cales teremos en conta para propor en futuras lecturas.



Para rematar, presentamos o libro que imos ler no mes de novembro e facemos unha actividade na que debemos imaxinar o que ocorrerá no libro guiándonos exclusivamente polo que vemos na portada. 




  

 





O primeiro libro deste curso será PLAN DE RESCATE.

Autora: Antía Yáñez.

Ilustradora: Xiana Teimoy.

Editorial: Xerais.

Ano de publicación: 2020.

ISBN: 9788491217282 

Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade 2019.

Temas: diversidade, compañeirismo, traballo en equipo, amor. 




ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario