martes, 30 de abril de 2024

Caramomia

Sétima sesión do club de lectura correspondente ao mes de abril, mes no que limos o libro: Caramomia, de Ledicia Costas, Daniel Landesa, O Hemátocrítico e María Lado 

Esta vez, a actividade que empregamos para traballalo foi un concurso por equipos no que cada un debía elaborar unha batería de preguntas para facer aos equipos opoñentes, os cales as tiñan que adiviñar premendo os pulsadores sonoros e luminosos.

Tamén desciframos o código segredo que nos deixa Caramomia ao final do libro.

Este foi o resultado!











Tamén presentamos o libro que imos ler no mes de maio:

 

          Coraje

Autores: Raina Telgemeier.
Ilustrador: Branden Lamb.
ISBN: 9788417708931 
Temas: ansiedade, medos, saúde mental.

Editorial: Maeva.

Ano de publicación: 2020.




 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario