lunes, 17 de junio de 2024

Coraje

Este curso xa vai chegando ao seu remate! No mes de maio tivo lugar a penúltima sesión do club de lectura, mes no que limos o libro Coraje, de Raina Telgemeier.

Este ano o PDI (Proxecto Documental Integrado) do noso centro está relacionado coa banda deseñada, de ahí a nosa elección desta novela gráfica que foi proposta polos propios nenos/as.

A actividade que fixemos sobre o libro consistiu en recrear, por equipos e de manera libre, a escena que máis lles gustou do libro nunha cartulina grande.











Tamén presentamos o que será xa o último libro que imos ler este curso no club, o do mes de xuño:


 

 Fani & Super Dani
Dani quere ser superheroe
Contra o caracol mutante

Autor: Ramón D. Veiga.
Ilustrador: Ignacio Hernández.
ISBN: 9788418687921 

Temas: aventuras.

Editorial: Triqueta Editora.

Ano de publicación: 2024.




 

ATA A PRÓXIMA SESIÓN COMPAÑEIROS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario