martes, 20 de octubre de 2026

Comezamos!

COMEZAMOS A TEMPADA 2026/2027 NO CLUB DE LECTURA "LE CON BIBLIORETA"!

     Este curso temos milleiros de novidades! A principal é que, por fin, a biblioteca está completamente reformada, así que disporemos dun espazo cómodo e renovado no que poderemos levar a cabo as nosas reunións.

    Este ano temos vellos coñecidos e novas caras que decidiron embarcarse nesta aventura que continúa un ano máis no clube, polo que, para coñecernos un pouco máis, cubrimos un "Todo sobre min" de maneira anónima e individual. Unha vez que rematamos, a mestra leunos en alto e nós tivemos que adiviñar de que compañeiro se trataba.



    Unha vez que nos coñecimos un pouquiño máis, recordamos e presentamos as normas do club de lectura e repartimos o material que precisamos para traballar este curso: os carnets lectores deste ano, onde iremos poñendo pegatinas para cuantificar os libros que limos e os rexistros de lectura para facer un pequeño recordatorio e valoración do libro lido nese mes. Tamén explicamos o funcionamento do buzón de suxerencias.



    
    Deixámosvos por aquí tamen o calendario de datas do club do curso 2026/2027:




    Por último, escribimos nuns "post-it" as expectativas e desexos que temos respecto ao club neste ano, e pegámolos na parede da biblioteca. 







E finalmente presentamos o libro que imos ler:


Bragakadabra

Autor: Antía Yáñez

Ilustradora: Paula Cheshire

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2026

ISBN: 9788411108539

Temas: sororidade, igualdade de xénero, redes sociais e uso de pantallas, familia e relacións interxeracionais, amizade e confianza, identidade e autoestima, fantasía, misterio e ciencia.


ATA O MES QUE VÉN COMPAÑEIROS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario