domingo, 26 de abril de 2020

MUSEO BELAS ARTES DA CORUÑA



Dende o Museo de Belas Artes da Coruña están impulsando a seguinte iniciativa: Anímate e participa co Museo de Belas Artes da Coruña a través da red social INSTAGRAM: https://www.instagram.com/museo.belas.artes.coruna/?hl=es e baixo os cancelos #Museonacas #Artenacasa.

Condicións:
1. Selecciona unha das nove obras que propoñen no seu Instagram.
2. Crea e interpreta a obra cos materiais ou técnicas que elixas dando a túa propia versión.
3. Envíallela cos teus datos ao correo: mu.belas.artes.difusión@xunta.gal














O prazo remata o 15 de maio (Apto para todas as idades)
Anunciarán as obras seleccionadas o 18 de maio, DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS e subiranse á web oficial do Museo Belas Artes da Coruña. Poderedes votar algunhas das obras preseleccionadas que máis vos gusten! 

Aquí vos deixamos algunhas ligazóns a súa páxina que consideramos que poden ser do voso interese:






sábado, 25 de abril de 2020

Contos con tempo parte VI





Hoxe é Aitana, de primeiro, quen nos agasalla coa lectura dun contiño. Escolleu o conto:

Guapa
Editorial APILA ASOCIACION CULTURAL
Autor  HAROLD JIMENEZ CANIZALES

Grazas Aitana. 




jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO NO CEP LOIS TOBÍO

O mes de abril, o mes do libro.... e nosoutros non deixamos de celebralo, incluso dende a casa. Aquí vos deixamos unha serie de actividades que nos fan recordar a importancia dos libros, da lectura, da escritura.... Grazas a todos/as!!! FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

ACTIVIDADE 1 CÓNTOCHE O QUE LEO

Grazas pola vosa participación nesta actividade. Encantounos saber que é o que estades a ler ou cal é voso libro preferido.... Foron un montón de recomendacións lectoras do máis interesantes!!! 




ACTIVIDADE 2 FAME DE PALABRAS

   A partires da proposta realizada pola asesoría de bibliotecas escolares de Galicia xurdiu esta actividade tan bonita, que tampouco sería posible sin a vosa colaboración.... GRAZAS!!!




POEMAS DESDE A CASA CON 2ºB

E...para celebrar o Día do Libro así como o Mes da Poesía, aquí tedes o vídeo dos vosos poemas. 
Fixestes un traballo maravilloso. Estádelo a facer moi ben!. Ánimo a todos e todas e as vosas familias !   (Blogue de 2ºB)






Outra das actividades que se vos propuxo, dende EDNL, foi facer muíños de vento recreando así unha bonita paisaxe quijotesca..... Pincha AQUÍ para ver os traballiños.

Muíño realizado por Aitana 1ºA



Muíño realizado por Candela 1ºA     





"En esto, descubrieron treinta o cuarenta molinos de viento que hay en aquel campo y, así como don Quijote los vio, dijo a su escudero: "









DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR










Hoxe, 23 de abril, é o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"


Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

Texto extraído da web das Bibliotecas Escolares de Galicia


















PROPIEDADE INTELECTUAL, 26 de abril de 2020 

O 26 de abril celébrase o Día Mundial da Propiedade Intelectual, que foi decretado pola ONU a través do seu organismo Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI), co obxectivo de coñecer a función que teñen os dereitos de propiedade intelectual e con iso valorar e fomentar a innovación e a creatividade.
Enlaces de interese:



miércoles, 22 de abril de 2020

A microrrede tamén #quedanacasa

Este ano sería a novena edición do proxecto anual da  MICRORREDE PLAMBE A Mariña. Por estas datas, tería que dar comezo a exposición dentro do noso cole do proxecto deste ano:  "Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo", pero debido á situación actual na que estamos, vémonos na obriga de aplazalo para o vindeiro curso. 

Un gran proxecto colaborativo no que as familias sempre nos mostrástedes todo o voso apoio, grazas.
As bibliotecas Escolares da Mariña que participamos neste proxecto queremos comunicarvos deste éxito que a Microrrede #quedanacasa.



Se pinchades no nome de cada biblioteca poderedes visitar os seus blogues, atoparedes cousas moi interesantes e, quen sabe, quizáis vexades a algún amigo/a doutros coles!

CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
Escola Oficial de Idiomas de RIBADEO


Contos con tempo parte V



GRAZAS a SHEILA de 4ºC por este conto contado con tempo.
Seguro que vos gusta...... 
Animádevos a enviarnos os vosos contos, incluso os inventados por vos mesmos e envìanolo a biblioteca.loistobio@edu.xunta.es







martes, 21 de abril de 2020

CONTOS CON TEMPO PARTE IV

Hoxe queremos presentarvos o conto "O gaiteiro e o lobo". AVISO, SÓ APTO PARA VALIENTES!!!
Un conto contado con tempo pola mestra MARI, siiii .... costa recoñecela, pero garantízovos que é ela... ou iso foi o que nos dixo jajajajjajajajajaja.

Recordade levar unha gaita cando poidades saír da casa e vos entren as gañas de subir algún monte....